XORNADA DE REDES ABERTAS
O Arquivo Municipal de Redondela súmase á celebración da Semana Internacional dos Arquivos, promovida polo Consello Internacional de Arquivos (CIA) baixo o lema: Empoderar Sociedades do Coñecemento
Cada día, dende o 2 de xuño, están a publicar unha adiviñanza visual nas redes sociais: Páxina web do Concello; Facebook e Instagram de Cultura; así coma Facebook do Concello de Redondela. Todas as imaxes e xogos de palabras xiran en torno ao Arquivo.