Día Internacional dos Arquivos

Imaxe: 
Día Internacional dos Arquivos
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Arquivos, toponimia e tradición oral

O arqueólogo, historiador e experto en toponimia, falará sobre toponimia e documentos: o baleirado documental do material existente nos arquivos públicos e privados, incluídas as hemerotecas, coa recollida da tradición oral.

Tratamento da toponimia, os nomes da terra e do mar en trance de desaparición debido aos cambios económicos e sociais das últimas décadas.

Galego

Encadernación no Arquivo do Reino de Galicia

Co gallo do Día Internacional dos arquivos os técnicos do Arquivo do Reino de Galicia queren achegar o seu traballo aos cidadáns, ensinando técnicas de encadernación.

15 persoas por obradoiro. A selección farase por orde de chegada das solicitudes. As persoas interesadas deben cubrir o formulario de inscrición e remitilo ao correo: arq.reino.galicia@xunta.gal ou ao nº de fax: 881 960 374.

Galego

Pergamiños no Arquivo do Reino de Galicia

Co gallo do Día internacional dos arquivos os técnicos laboratorio de restauración do Arquivo do Reino de Galicia queren achegar o seu traballo aos cidadáns, ensinando a traballar con pergamiño.

15 persoas por obradoiro. A selección farase por orde de chegada das solicitudes. As persoas interesadas deben cubrir o formulario de inscrición e remitilo ao correo: arq.reino.galicia@xunta.gal

ou ao nº de fax: 881 960 374

Galego

Documentos singulares no AHP Lugo

Presentación dunha nova achega de serie Documentos singulares. O documento é a resposta que ofrece o mestre da Escola Nacional Mixta da Ermida, parroquia do Chao de Fabeiro en Monforte de Lemos e situada no lugar de Porto de Lobos á circular da Sección Administrativa de Primeiro Ensino de Lugo de 16 de xaneiro de 1943 que ordenaba ás Xuntas Municipais de Primeiro Ensino a remisión urxente de datos das escolas de cada municipio.

Galego

Depósito do arquivo da Real Sociedade Económica de Amigos del País de Santiago

O Arquivo de Galicia é o arquivo intermedio e histórico do Sistema de Arquivos da Xunta de Galicia ao que corresponde, entre outras funcións, recibir por transferencia os documentos dos diferentes órganos da Xunta de Galicia ou das entidades dependentes cun ámbito territorial superior a unha provincia. Pero tamén recibir por doazón, legado, depósito ou compra calquera fondo de carácter público ou privado e ámbito galego que, por formar parte do patrimonio documental de Galicia se acorde depositar nel para facilitar a súa conservación e difusión.

Galego

Xornada de portas abertas no Arquivo de Galicia

Co gallo da celebración do Día Internacional dos Arquivos, organízanse xornadas de portas abertas co obxectivo de dar a coñecer o Arquivo de Galicia á cidadanía mediante un percorrido polas súas instalacións e unha explicación dos documentos que nel se conservan co apoio dunha representativa mostra documental do arquivo da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Compostela.

Mais información no teléfono 881 999 665 ou no enderezo electrónico do arquivo: arquivogalicia.cultura@xunta.gal

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Día Internacional dos Arquivos