Día Internacional dos Arquivos

Imaxe: 
Día Internacional dos Arquivos
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Xornada de portas abertas no Arquivo do Reino de Galicia

O Arquivo do Reino de Galica súmase, un ano máis, á celebración da Semana Internacional dos Arquivos, promovida polo Consello Internacional de Arquivos (CIA) baixo o lema: Empoderar os Arquivos.

Visitas ao Arquivo para grupos reducidos de persoas de acordo coas limitacións que marque a normativa nese momento (actualmente 10 persoas)

Mercores 9 de xuño e xoves 10 de xuño

Horario: Mañá de 10:00h a 12:00h

Tarde de 17:00h a 19:00h

Imprescindible cita previa: 

Galego

Visitas guiadas á exposición Camiños, Paisaxe e Patrimonio e ás instalación do Arquivo de Galicia

A actividade, programada para grupos de persoas que o soliciten previamente, ten como finalidade difundir os fondos documentais que custodia o Arquivo de Galicia e contribuír á reflexión sobre o interese do patrimonio documental como parte integrante do patrimonio cultural de Galicia.

Horario: Entre 9 e 14 h. (De luns a venres)

Duración prevista: 45 minutos.

(Con inscrición previa)

Galego

Inauguración da exposición: Camiños, Paisaxe e Patrimonio no Arquivo de Galicia

Con motivo da celebración do Día Internacional dos Arquivos, no ano en que celebramos un novo Ano Santo, no Arquivo de Galicia queremos abordar un percorrido polas diferentes rutas que desde hai máis de mil anos transitan vellos e novos viaxeiros na súa peregrinación a Santiago a través dos documentos que se custodian no Arquivo de Galicia. A exposición Camiños, Paisaxe e Patrimonio organízase en once vitrinas.

Galego

Ven coñecer o Fondo Astano do Arquivo da Fundación Exponav

No arquivo da Fundación Exponav podedes atopar material relacionado coas construcións navais das empresas de Astano, Bazán e Tecnor. Como iniciativa para participar na Semana Internacional de Arquivos decidimos facer unha presentación do fondo Astano. Trátase dunha colección moi importante e dado que este ano o lema é "Empoderar Sociedades do Coñecemento" cremos que é unha oportunidade única poder compartir con outros profesionais ou apaixonados do mundo dos arquivos o noso xestor de contidos.

Galego

“Os fondos documentais do arquivo como fonte para a investigación histórica e ao servizo dos cidadáns

O Arquivo Historico Provincial de Pontevedra súmase, un ano máis, á celebración da Semana Internacional dos Arquivos, promovida  polo Consello Internacional de Arquivos (CIA) baixo o lema: Empoderar Sociedades do Coñecemento.

Este ano organiza unha exposición virtual:  “Os fondos documentais do arquivo como fonte para a investigación histórica e ao servizo dos cidadáns"

Galego

Tríptico da serie “Documentos singulares”

O Arquivo Historico Provincial de Lugo súmase, un ano máis, á celebración da Semana Internacional dos Arquivos, promovida polo Consello Internacional de Arquivos (CIA) baixo o lema: Empoderar Sociedades do Coñecemento.

Nesta ocasión, o documento será un ditame da Sociedade Económica de Amigos do País de Lugo, polo que se propón abrir unha escola de nenas na cidade de Lugo en 1841.

Ademais do tríptico en papel, elaborarase unha versión de menos peso para difundir vía correo electrónico aos arquivos, bibliotecas e museos de Galicia e aos arquivos españois.

Galego

Mostra virtual sobre a presenza dos Ríos en Galicia

O Arquivo do Reino de Galicia, na Coruña, súmase, un ano máis, á celebración da Semana Internacional dos Arquivos, promovida  polo Consello Internacional de Arquivos (CIA) baixo o lema: Empoderar Sociedades do Coñecemento.

 

Para conmemorar o Día internacional dos Arquivos 2020, o Arquivo do Reino de Galicia prepara unha mostra virtual sobre a presenza dos Ríos en Galicia e a súa interacción coa paisaxe e as xentes a través dos documentos conservados no centro, especialmente dos documentos gráficos e figurativos: planos, fotografías, postais, debuxos,...

 

Galego

Exposición audiovisual

O Arquivo Municipal de Ribeira súmase á celebración da Semana Internacional dos Arquivos, promovida  polo Consello Internacional de Arquivos (CIA) baixo o lema: Empoderar Sociedades do Coñecemento.

Con motivo da celebración do Día Internacional dos Arquivos (Semana do 8 ao 14 de xuño de 2020) o Arquivo Municipal de Ribeira pretende facer unha pequena exposición audiovisual de documentación (orixinal e dixitalizada), mobiliario, local,… como acto para conmemorar ese día citado e para dar a coñecer o traballo do Arquivo.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Día Internacional dos Arquivos