Busca

Páxinas

11/06/2024

Trátase dun total de catro actividades que se desenvolverán os mércores 3, 10, 17 e 31 de xullo con entrada libre e de balde ata completar capacidade

Compañías galegas e de outros puntos da península como Valencia ou Portugal desprázanse ao Gaiás para traer os seus espectáculos

O programa inclúe propostas como ‘Karpaty’, ‘Crassh Xiri’, ‘Viva o Pop!’ ou ‘De Vilatriste a Vilalegre’, que combinan teatro, música en directo, clown e circo

30/05/2024

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, agradeceu hoxe a implicación do sector na celebración de Galicia Escena PRO, a feira promovida pola Xunta en colaboración coa asociación Escena Galega para dinamizar as artes escénicas.

29/05/2024

Mª del Carmen Martínez participa nunha xornada organizada polo  Goberno de Aragón na que estivo acompañada polos seus homólogos de Castela e León, A Rioxa e Navarra

29/05/2024

Anuncia un convenio co Instituto Camões para poder acreditar o nivel de coñecemento de portugués nos centros educativos de Galicia

Adianta que en vindeiras datas porase en marcha o Observatorio Galego da Lusofonía, cuxa creación foi xa aprobada polo Consello da Xunta 

Defende que, ao longo dos dez anos de vixencia da coñecida como Lei Paz Andrade, se teñen producido “avances históricos” de aproveitamento das oportunidades que brindan os vencellos das linguas galega e o portuguesa

29/12/2020

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, fixo hoxe balance no Parlamento da entrada en vigor da Lei de Bibliotecas de Galicia en 2012

Recordou que Galicia supera a media española de comunidades con mellor ratio de bibliotecas por habitante e chamou a ser ambiciosos para seguir mellorando

O novo mapa diagnosticará a situación e permitirá garantir o acceso a estes servizos nos lugares nos que a día de hoxe non contan con eles

23/07/2026

O incremento en 2026 para esta liña de apoio cuadriplica o do 2025 por incluír un apartado específico para paquetes de proxectos, ao que se destinan 900.000 euros

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases da convocatoria, que manterá aberto o prazo de presentación a partir de mañá e ata o 24 de agosto 

As subvencións están cofinanciadas con fondos FEDER da Unión Europea e impulsan a posta en marcha de películas e series cara á súa rodaxe nos vindeiros anos

04/06/2026

López Campos remarca a oportunidade que supón para o público galego descubrir esta “valiosa escolma de obxectos históricos e pezas artísticas contemporáneas” que exploran as tradicións dun océano que abrangue 1.800 culturas diferentes

‘Voces do Pacífico’, proxecto internacional incluído na programación expositiva da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude na antesala do Xacobeo 2027, é froito do primeiro acordo directo do Goberno galego co British Museum

12/05/2026

O secretario xeral da Lingua, Valentín García; e o delegado territorial, Javier Arias, participaron na presentación da publicación, resultado de seis encontros con autores lucenses co fin de divulgar a riqueza e o potencial da creación poética na provincia

11/05/2026
  • O Consello aprobou un novo convenio para financiar a difusión da música bandística galega a través da continuidade dos seus certames de interpretación e composición e doutras iniciativas de estudo e investigación
  • O acordo inclúe este ano a celebración dun congreso sobre o patrimonio itinerante entre Europa e América
  • Apóiase o labor da Federación de Bandas de Música Populares de Galicia polo seu fondo arraigamento cultural na nosa Comunidade e polo seu labor formativo no eido instrumental 
29/04/2026

O delegado territorial destacou que se trata dunha iniciativa arraigada no territorio, comprometida coa súa xente e deseñada para proxectar Ourense ao mundo

Manuel Pardo salientou unha programación ampla e global co que a Xunta de Galicia consolida o seu apoio á música en vivo cos concertos de Loquillo, Kitty, Daisy & Lewis, The Rapants, Burning e Luz Casal

En cada cita, o público poderá desfrutar de propostas deseñadas por chefs vinculados á asociación Cociña Ourense, integrando produto local e creatividade culinaria