Busca
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 954
- 955
- 956
- 957
- 958
- 959
- 960
- 961
- 962
- …
- seguinte ›
- última »
A directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez, participou neste encontro no que se puxo de manifesto as actuacións realizadas pola Consellería de Cultura e Turismo por un importe de preto de 110.000 euros
A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico é un dos 13 certames profesionais do sector audiovisual subvencionados pola Consellería de Cultura e Turismo, que adaptou as bases destas axudas ao contexto actual no marco do Plan de reactivación
Tras o seu adiamento por mor da pandemia, a edición de 2020 desenvolverase do 25 ao 29 de agosto, co parque de Bonaval como sede dunha nova sección ao aire libre e unha ampla programación ‘online’
As subvencións irán dirixidas a 43 concellos e 70 particulares das catro provincias galegas e o Executivo autonómico financiará o 75% das intervencións propostas
Entre outras accións, actuarase en elementos que xeren impacto visual e favorecerase a restauración de bens do patrimonio etnográfico galego
A medida enmárcase no Plan de Embelecemento, un dos piares do eixo Soporte do Plan Estratéxico do Xacobeo 2021
A charanga e os pandereteiros da agrupación viguesa actuarán este domingo, ás 21,30 h., na Alameda Talorio de Arcade
A Consellería de Cultura e Turismo e o colectivo XOC colaboran por oitavo ano consecutivo no desenvolvemento deste programa de difusión da música e do baile tradicionais, que ofrece 12 citas noutros tantos concellos ata novembro
O conselleiro de Cultura e Turismo cualifica a obra como un “magnífico relato fotográfico por 40 das nosas festas e entroidos máis sobranceiros”
A versión ampliada do circuíto, que volve contar co patrocinio de Gadis, desenvolverase ata o 15 de setembro cunha previsión inicial de arredor de 450 citas
A Consellería de Cultura e Turismo publica na web da Agadic a última quenda de adxudicacións das axudas aos concellos para a contratación de espectáculos galegos de música, teatro, danza, novo circo e maxia ao abeiro desta iniciativa
A dotación desta oitava edición aumentou máis do triplo respecto ao ano anterior para chegar a 70 concellos máis, dos que 38 participan por vez primeira
Técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural visitaron o xacemento e traballan xa na acreditación do notable valor cultural do ben
O conselleiro de Cultura e Turismo en funcións subliñou a boa acollida desta iniciativa, impulsada pola Xunta e o Clúster Turismo de Galicia
Esta acción supón unha inxección de 5M€ nas empresas do sector, favorecendo o turismo interno, a creación de emprego e a reactivación económica
Máis de 320 establecementos de aloxamento e axencias de viaxe adheríronse a este programa, que se prolongará ata o 13 de decembro
A cita terá lugar entre o 21 e o 30 de agosto e contará cunha parte presencial, que se desenvolverá entre estritas medidas de seguridade, e outra online
O titular de Cultura e Turismo participou neste acto xunto aos responsables do festival e o director de Marketing de Estrella Galicia
Canalízanse mediante cadanseu convenio de colaboración coas asociacións Agapi, Agatec, AGEM e Escena Galega para reforzar os seus respectivos proxectos formativos dentro do plan autonómico de reactivación dos sectores cultural e turístico
As actividades, presenciais e en liña, desenvolveranse durante este segundo semestre, cunha especial atención á adaptación das empresas audiovisuais, escénicas, musicais e de servizos á situación provocada pola covid-19









