Busca

Páxinas

04/09/2020

Unha vintena de aspirantes a novelistas aprenderán sobre diversos aspectos da creación literaria con sete escritores e dous profesionais do eido editorial

As sesións teóricas, que a pasada primavera foron adiadas polo estado de alarma, recomezan esta tarde coa clase maxistral da escritora Arantza Portabales

Autores cunha destacada traxectoria dentro e fóra de Galicia como Antonio Riveiro Coello, Diego Giráldez ou Miguel Anxo Fernández completan a programación

04/09/2020

O director da Agadic participou na presentación da segunda edición desta iniciativa cultural compartida con Asturias, Cantabria e País Vasco, que se desenvolverá do 13 de setembro ao 11 de outubro en sete localidades galegas do Camiño do Norte

Seis compañías asturianas, cántabras e vascas actuarán en Santiago, Mondoñedo, Lugo, Ribadeo, Sobrado, Vilalba e Arzúa, mentres que as galegas La Macana e La Quintana Teatro presentan os seus espectáculos nesas tres comunidades

04/09/2020

As actuacións permitirán reparar os danos existentes neste ben da época barroca que está incluído no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia

A restauración centrarase en atallar os danos estruturais producidos por condicións ambientais e que provocaron danos na volumetría e policromía

 

04/09/2020

O Diario Oficial de Galicia publica a resolución desta orde, cuxo importe ascende a 145.000 euros para financiar actividades relativas á organización arquivística

02/09/2020

É un dos 13 eventos integrantes da marca impulsada polo Goberno galego, aos que a Consellería de Cultura e Turismo destina 400.000 euros no marco do Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico

En formato reducido e cunha capacidade máxima limitada a 500 asistentes, desenvolverase do 10 ao 13 de setembro cos concertos de Sés, Zeltia Irevire, Ortiga e Dakidarría no escenario FEST Galicia e varias actividade paralelas previa inscrición

31/08/2020

As publicacións titúlanse ‘Libro de órgano da Catedral de Tui (séc. XVIII)’ e ‘Libro III de Polifonía (séc. XVII-XVIII)’ que serán interpretados este sábado e o 12 de setembro respectivamente

Os concertos terán lugar en Tui, Celanova, Santiago de Compostela, Padrón, Melide, Ribadavia, Muxía e Oia no marco do programa ‘O teu Xacobeo’

31/08/2020

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2020.- A comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, participou hoxe no programa social do Congreso Europeo de Intelixencia Artificial (ECAI 2020). Trátase dun evento que, baixo o lema Aplanando o camiño cara a IA centrada no ser humano, brinda aos investigadores a oportunidade de presentar e debater sobre as mellores investigacións, desenvolvementos, aplicacións e resultados da IA e que é o primeiro evento que se celebra no novo estudo virtual Galicia MICE impulsado pola Xunta.

28/08/2020

Os traballos teñen como finalidade avaliar as posibles deficiencias, corrixir as patoloxías existentes e mellorar o estado de conservación deste importante elemento do patrimonio histórico da nosa Comunidade

27/08/2020

A xestora cultural dirixirá o certame de inverno da Cidade da Cultura, un dos máis vangardistas de Galicia e que conta cun nome propio no circuíto europeo

A Consellería de Cultura agradece o labor de Pablo Fidalgo durante os seus seis anos ao fronte, nos que acadou a presenza de artistas de prestixio internacional

A que fora directora durante 16 anos do Festival das artes escénicas de Vigo ALT asumirá xa a sétima edición que se celebrará en 2021, marcada polo Xacobeo

27/08/2020

Román Rodríguez presentou hoxe o arranque dos concertos para esta produción audiovisual, a través da que a industria musical galega contará cunha achega de 500.000 euros no marco do Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico

Os traballos de gravación desenvolveranse durante cinco semanas no escenario instalado no Museo Centro Gaiás coa implicación de máis de vinte empresas técnicas do sector