Busca
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 951
- 952
- 953
- 954
- 955
- 956
- 957
- 958
- 959
- …
- seguinte ›
- última »
Vense de publicar a contratación destas intervencións cunha mellora dun 10% respecto do orzamento da licitación lanzada no mes de xuño
Preténdense mellorar fundamentalmente problemas de humidades que afectan tanto á cuberta como aos pavimentos e carpinterías nun prazo de oito semanas
A montaxe da compañía lucense levará a cabo este sábado dous pases consecutivos, ás 18,00 e ás 20,30 h., nos que reunirá intérpretes e público sobre o escenario da sala Ángel Brage
Un elenco integrado por María Roja, Sergio Zearreta e Sabela Eiriz asume a adaptación escénica da obra poética de García Lorca
O obxectivo desta iniciativa, que conta cunha achega de máis de 70.000 euros por parte do Goberno galego, é tender pontes entre diferentes disciplinas artísticas
Continúa así cos ciclos que tiveron que ser adiados a pasada primavera por mor do estado de alarma, ademais de incorporar novas citas en colaboración cos festivais de Cans, Diversidarte e (S8)
Atendendo ás medidas de control sanitario, a Filmoteca de Galicia está a desenvolver unha sesión diaria gratuíta de martes a sábados, limitando a capacidade da súa sala de proxeccións para o mantemento da distancia de seguridade
Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2020.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe na rolda de prensa de presentación do II festival feminista de arte urbana Delas Fest, no que se enmarca Mulleres e cultura urbana, unha iniciativa que forma parte do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 e que se celebra, en diferentes espazos do Gaiás, o vindeiro 12 de setembro.
O director xeral de Políticas Culturais da Xunta, Anxo M. Lorenzo, e o presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo, inauguraron a exposición que permanecerá aberta ata o 30 de setembro na Casa da Cultura
Manuel Buciños, Menchu Lamas ou Acisclo Manzano son algúns dos creadores das pezas pictóricas, escultóricas e fotográficas, todas elas asociadas co Camiño
O Festival Internacional de Curtametraxes da localidade pontevedresa recibe unha achega de preto de 21.000 euros para a súa décimo terceira edición
A carteleira exhibe un cento de filmes do 11 ao 19 de setembro e complétase con encontros profesionais e proxeccións de títulos realizados en centros escolares e outras actividades
A operación, que conta cun investimento de 100.000 euros por parte da Xunta de Galicia, fíxose tendo en conta a singularidade dos fondos e supuxo o movemento de seis quilómetros lineais de documentación
O arquivo recupera xa a súa actividade, suspendida ata que remataron os traballos e se puido garantir o acceso e consulta nas novas instalacións
O gaiteiro Anxo Lorenzo abrirá mañá este programa conmemorativo, que continuará con Hugo Franco e Claudia Abril, Emilio Rúa, Xoán Curiel, Susana Seivane, Sés, Dequenvessendo e Sofía Espiñeira
A entrada é gratuíta, previa retirada no despacho de billetes desde dúas horas antes do comezo de cada actuación e ata completar a capacidade dispoñible
O cartel está integrado por seis grupos e artistas do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 e dous convidados do ‘coworking’ de emprendemento musical organizado pola Fundación Paideia e a EOI Padrón
A actuación consistirá na corta da flora vascular no conxunto do ben e terá un período de execución máximo de catro meses e medio
O respecto ao medio ambiente e a súa harmonización cunha conservación sustentable son os criterios que marcan a liña a seguir na execución destes traballos
As devanditas obras dan continuidade ás xa efectuadas polo Goberno galego no monumento durante este ano e que supoñen un investimento de máis de 0,5M€









