Busca

Páxinas

10/02/2021

A redacción do proxecto de actuación xa está encargado co obxectivo de que as obras poidan iniciarse este mesmo ano

Esta actuación vén a reforzar o compromiso do Goberno galego con Vigo, a cidade con maior investimento en infraestruturas educativas, preto de 24M€ desde 2009
 

10/02/2021

A Cidade da Cultura encabeza a listaxe de ‘insignias culturais’ de Galicia en 2020 que vén de publicar o Observatorio da Cultura

O informe, elaborado a partir das valoracións de 472 expertos e profesionais do sector, recoñece así a oferta cultural do Gaiás pese as dificultades da covid-19

06/02/2021

O conselleiro referiuse ao lanzamento de novas liñas de apoio aos profesionais que permitirán seguir preservando o emprego e deseñar e apoiar novos formatos

Tamén salientou a importancia da activación de iniciativas para a captación de fondos europeos que inclúen un hub en diálogo coas industrias creativas

05/02/2021

A organización traballa estreitamente no novo calendario coas compañías e artistas de España, Portugal, Francia, Reino Unido e Xapón

03/02/2021

A través desta iniciativa facilítaselles aos profesionais do sector o espazo do Salón Teatro de Santiago para o encontro, a reflexión e a investigación

Búscase tamén abrirlle a escena á cidadanía, con accións formativas en liña e encontros que lle permitirán achegarse ao proceso de creación

03/02/2021

Os técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural remitirán nos vindeiros días o informe aos órganos asesores para a súa incoación

O conxunto quedará inmediatamente protexido cando se publique a resolución de incoación no Diario Oficial de Galicia
 

02/02/2021

O DOG publica o conxunto das adxudicacións das 15 convocatorias de 2020 que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade xestiona mediante a Agadic

Este programa anual de axudas reverteu en 449 propostas culturais en ámbitos como a produción de filmes, a creación escénica, o fomento do talento musical ou a distribución de espectáculos

01/02/2021

O DOG publica hoxe esta nova convocatoria da Consellería de Cultura, que busca achegarlles liquidez tanto para enfrontar os efectos do seu peche por mor da pandemia como para retomar a súa actividade no marco do Xacobeo 2021

Cun apoio que pode alcanzar os 20.000 euros por solicitante, estas axudas en réxime de concorrencia non competitiva diríxense a persoas titulares ou arrendatarias de espazos habilitados legalmente para organizar espectáculos musicais con público

30/01/2021

Ofrece novos contidos interactivos e aumenta a nove os títulos da súa escolma, que inclúe as tres curtametraxes coas que Xacio Baño, Alberto Vázquez e Eloy Domínguez Serén compiten no prestixioso festival de Clermont-Ferrand

A Consellería de Cultura organiza un dos Market Program, no que os profesionais inscritos no mercado do encontro poderán ver en liña outros cinco traballos galegos
 

28/01/2021

Suspéndense as proxeccións presenciais no Gaiás pero as sesións poderán verse desde a casa a través da plataforma tv.festhome

Con 14 estreas en España, ‘Pequefilmes’ ofrece aos públicos máis novos a oportunidade de ver 49 filmes de gran calidade de 18 países máis alá dos circuítos de exhibición convencionais, premiados en certames internacionais de prestixio