Busca

Páxinas

18/02/2021

O museo xestionado pola Xunta de Galicia volve abrir as súas portas cunha ampla programación que inclúe tres exposicións e diversas actividades

Tras a inauguración de hoxe, a próxima semana será a quenda de dúas citas máis: unha retrospectiva sobre a compositora Pauline Oliveros, en colaboración co C3A de Córdoba, e ‘Breaking the Monument’, que reúne obras de 10 artistas

A actividade do museo mantívose durante as semanas de peche con obradoiros e cursos virtuais ou visitas didácticas online de centros educativos

16/02/2021

Os músicos e artesáns Rosa Sánchez e Pablo Carpintero afondarán nas variantes das gaitas de fol, mentres que a soprano Esperanza Mara propón un recital de lírica medieval cos instrumentos do Pórtico da Gloria como fío condutor

Poderán seguirse en ‘streaming’ os sábados 20 e 27 de febreiro ás 12,00 horas a través da canle de Youtube da Cidade da Cultura
 

16/02/2021

A Xunta reforza a conservación do patrimonio da cidade con dous agardados proxectos nas igrexas de Dores e Angustias que comezarán de inmediato

O titular de Cultura visitou hoxe a primeira delas, na que se traballará ao longo de seis meses en numerosas zonas: a fachada, a estrutura, a cuberta e o sistema de evacuación de pluviais co fin de resolver as patoloxías que limitan a súa apertura

15/02/2021

‘Residencia Xacobeo’ facilita ao beneficiario a estadía para traballar e investigar na Residencia Literaria 1863, un apartamento do século XIX no casco histórico coruñés

Con esta iniciativa búscase contribuír á proxección exterior da literatura galega e tamén impulsar o proceso de tradución á cidadanía con accións abertas ao público
 

15/02/2021

A Consellería de Cultura pon en marcha un programa de entrevistas, grupos de traballo, mesas de discusión e consultas online

O segundo plan estratéxico do Gaiás marcará a folla de ruta nunha etapa de sete anos centrada na expansión da actividade e a xeración de contidos para toda Galicia

O impulso ao sector cultural, a proxección internacional e a integración do Edificio Fontán preséntanse como algúns dos retos aos que dar resposta

14/02/2021

Destinarase a mellorar infraestruturas tanto autonómicas como locais e de asociacións sen ánimo de lucro e a prolongar as bolsas de formación

As administracións locais e asociacións poden xa solicitar as axudas que veñen de ser publicadas no Diario Oficial de Galicia
 

12/02/2021

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou hoxe de xeito virtual o primeiro dos volumes que se publica en colaboración con Hércules de Ediciones

‘Do mellor de Nós’ permite ao lector especialista afondar no coñecemento da Revista Nós, no marco das conmemoracións do Goberno autonómico do centenario
 

12/02/2021

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, mantivo un encontro telemático co alcalde, Ángel Mato, para reforzar as liñas de cooperación

Fixouse unha reunión técnica para o vindeiro mes de marzo que permita avanzar no expediente e coincidiuse na importancia de deseñar un ambiente de traballo coordinado coa implicación de todas as administracións
 

12/02/2021

Os equipos de dinamización da lingua galega dos centros participantes difunden o proxecto audiovisual feito por Títeres Cachirulo para o Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 da Xunta de Galicia

O secretario xeral de Política Lingüística participou hoxe na apertura da celebración a través de videorreunión

12/02/2021

A iniciativa vai dirixida a profesionais do sector, que recibirán unha achega de ata 18.000 euros por parte da Consellería de Cultura, ademais de poder utilizar as instalacións do CCG na Coruña para o desenvolvemento do proxecto