Busca
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 897
- 898
- 899
- 900
- 901
- 902
- 903
- 904
- 905
- …
- seguinte ›
- última »
O colectivo Octopus to de party e a artista María Llanderas participan nas residencias escénicas no Gaiás con dous proxectos que amosarán ao público esta tarde e o 6 de agosto no Salón Teatro.
A quinta convocatoria destas residencias promovidas polo colectivo RPM, congrega oito proxectos financiados cun total de 20.000 euros.
A experiencia enmárcase no programa de Residencias Artísticas do Gaiás (REGA).
Tende a man para que se converta nun punto de inicio para fortalecer a rede de apoios e sexa un instrumento de colaboración institucional clave na década xacobea
Avanza que Galicia levará ambiciosos proxectos a este encontro, que se celebrará o domingo despois de 18 anos, e lembra o forte investimento do Goberno galego na cidade para preparar o Ano Santo e mellorar a vida dos veciños de Compostela
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou aos 30 rapaces de 15 a 17 anos que asisten desde o mércores á segunda quenda da actividade ‘O Musical’, que combina a temática artística con programación lúdica e deporte
En agosto, as instalacións acollerán o campamento ‘Aych Tecnolóxico’, ao que están convocados 40 participantes de distintos puntos de Galicia
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presentou hoxe o novo programa, liderado polos humoristas e monologuistas galegos Carlos Blanco, Luís Piedrahita, Xosé A. Touriñán e Lucía Veiga
Impulsado polas empresas Con de tres pés, Etiqueta Negra e Ainé Producións, o proxecto súmase ás máis de 3.000 actividades programadas xa para este verán no marco do Xacobeo 21-22 co obxectivo de reactivar o sector cultural
O Goberno galego inviste 840.000 euros nos festivais profesionais de música mediante a marca coa que promociona Galicia como destino musical de calidade e a convocatoria anual de subvencións
A delegada da Xunta en Vigo e o director de Industrias Culturais participaron nun encontro institucional cos organizadores e restos de entidades colaboradoras
Mañá dan comezo tres xornadas de música ao vivo na Illa de San Simón, cun cartel segredo liderado por artistas femininas e coa vangarda, a sustentabilidade e a natureza como eixos da programación
O Diario Oficial de Galicia publica estas subvencións dirixidas a institucións sen fins de lucro, entidades locais e agrupacións de concellos
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade destina 50.000 euros no marco da súa aposta por impulsar unha programación cultural diversificada e plural
Anxo M. Lorenzo, presentou hoxe no Mosteiro de Carboeiro (Silleda) os novos itinerarios, centrados moitos deles nas rutas de peregrinación a Santiago co gallo do Xacobeo
O ciclo desenvolverase do 6 de agosto ao 12 de setembro en 14 localidades cunha oferta que busca o equilibrio entre divulgación e lecer
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, participan hoxe en Foz na presentación dos concertos do vindeiro mes
As actuacións desenvolveranse do 18 ao 26 de agosto en espazos singulares de Foz, Ribadeo, Barreiros, Burela, Cervo, Vilanova de Lourenzá e Mondoñedo
Do 21 de xullo ao 18 de agosto, este ciclo enche de actividades familiares as tardes dos mércores na Cidade da Cultura
O programa consta de cinco espectáculos da man de Inventi Teatro, Rilo & Penadique, La Fiesta Escénica, Javier Iglesias Rodríguez e o Mago Teto
A entrada é de balde previa retirada de convite e con limitación de capacidade para cumprir cos protocolos de seguridade sanitaria
Román Rodríguez salienta a calidade da oferta na presentación da nova temporada desta iniciativa, impulsada polo Goberno galego desde 2018 para apoiar unha serie de eventos musicais seleccionados pola súa traxectoria, profesionalidade e calidade







