Busca

Páxinas

02/08/2021

Publícase a adxudicación da convocatoria de 2021, que experimenta un novo incremento orzamentario despois de que o Goberno galego reforzara esta liña de subvencións o ano pasado no marco do Plan de reactivación do sector cultural

Os novos traballos de Álvaro Liste, Otto Roca e Area Erina resultan beneficiarios na categoría para filmes de longa duración e dirección novel, mentres que Jorge Boquete e Irene Pin póñense á fronte das dúas webseries subvencionadas

01/08/2021

Publícase a adxudicación de 460.000 euros en subvencións, a través das que se contribúe ao desenvolvemento de máis de 500 funcións escénicas, concertos e accións de difusión en mercados profesionais fóra de Galicia

Debido á actual situación sanitaria, os principais destinos das xiras desta convocatoria son localidades do resto de España e de Portugal, pero tamén de Alemaña, Bulgaria, Costa Rica, Francia, Holanda, Italia, Polonia e Reino Unido

01/08/2021

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou na inauguración desta cita que se celebrará ata o 10 de agosto nos Xardís Méndez Núñez

A cita forma parte do circuíto impulsado pola Xunta e a Federación de Librarías de Galicia que continuará por Viveiro, Foz e Monforte de Lemos nas vindeiras semanas
 

31/07/2021

Este programa de residencias artísticas busca afondar nas relacións culturais entre España e Latinoamérica a través da experimentación creativa

A edición de 2021 conecta a vangarda artística de Galicia e México e involucra a catro artistas mulleres que desenvolverán os seus proxectos entre xullo e outubro

As artistas mexicanas Mariana Castillo Deball e Fritzia Irizar realizan as súas residencias no Museo Centro Gaiás mentres as creadoras galegas Julia Huete e Carme Nogueira o fan na localidade mexicana de Guanajuato

30/07/2021

A Xunta de Galicia colabora co Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da Universidade de Vigo nunha nova campaña de escavación neste ben

A actuación permitiu ampliar o xacemento en 200 novos metros e localizar numerosos restos materiais e estruturas de ocupación previa
 

30/07/2021

Terá lugar do 9 ao 11 de setembro na Eurocidade Tui-Valença, con actividades dirixidas ao sector cultural e concertos abertos ao público

O cartel, que foi presentado hoxe en rolda de prensa, componse de 18 bandas e artistas de ambas beiras do Miño

30/07/2021

Os secretarios xerais de Cultura e de Política Lingüística inauguraron hoxe no Museo do Pobo Galego a exposición, que se exhibiu previamente no Museo do Mar de Galicia, en Vigo

Componse de 48 paneis que combinan fotografías de Xulio Gil e textos da escritora homenaxeada recuperando o poemario icónico homónimo 31 anos despois
 

30/07/2021

A directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Insua, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, explicaron nunha visita a Betanzos que o novo documento sentará as bases para a conservación deste espazo

A contratación, por un importe de 85.000€, enmárcase no firme compromiso do Goberno galego co Parque do Pasatempo, logo da declaración como Ben de Interese Cultural en 2020

30/07/2021

A actuación, que comeza o luns e se desenvolverá durante a primeira quincena de agosto, está financiada a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade

29/07/2021

O festival ofrecerá do 3 ao 8 de agosto seis sesións nocturnas, con dous directos cada unha, nun recinto sectorizado e con equipamentos independentes para unha capacidade máxima de 500 persoas en cada caso

Sés, Sabela e SonDaRúa representarán a música galega no escenario Xacobeo 21-22, que acollerá así mesmo as únicas citas que ofrecerán en Galicia este verán Kase.O, La Pegatina, Travis Birds, Muerdo ou Tu Otra Bonita