Busca

Páxinas

06/07/2023

Entre as actividades inclúense un certame de promoción do talento local con danza, teatro, fotografía, pintura, grafiti, monólogos, videocreación ou artesanía

Desenvolverase do 20 ao 25 de xullo con accións en espazos de interese patrimonial como a Catedral de Tui ou a Igrexa de Ganfei en Portugal

 

06/07/2023

‘O traxe’, de Fernando Castro Paredes, e ‘Nin me amoles’, de Ana Carreira, edítanse na colección Biblioteca Dramática Galega da Consellería de Cultura e Xerais

‘Os contos do Lobicán’, de Eva Mejuto, e ‘Nas Nubes’, de José Luis Baños de Cos, súmanse á serie Barriga Verde, en Baía Edicións
 

05/07/2023

Arranca este serán ás 21,00 h no Centro Ágora da Coruña e continúa durante todo xullo por Ortigueira, Rois, Verín, Melide, Ribadumia e Valga

No marco da programación do verán CulturON, está dirixida a un público adulto e adolescente e ten como protagonistas a Isabel Risco e Marián Bañobre

Desde a súa estrea recibiu o Premio María Casares ao Mellor Vestiario e o Premio FETEGA (Festival do Carballiño) ao Mellor Espectáculo e Mellor Actriz
 

05/07/2023

A Consellería de Cultura impulsa as súas actividades con propostas que cheguen a máis públicos e consolidar a súa imaxe como destino de turismo rural

A xira de Carlos Núñez recalará no parque o 9 de xullo, celebrarase o Festival da Arte Rupestre e, como novidade, haberá propostas de ioga ao carón dos petróglifos

Forma parte da programación con máis de 2.500 propostas que ten en marcha o Goberno autonómico estes meses no marco da campaña CulturON

04/07/2023

A obra, galardoada no III Certame Manuel María de proxectos teatrais, ofrece tres funcións no Teatro Principal e chegará á Mostra de Ribadavia o 23 de xullo

Quico Cadaval dirixe o espectáculo cun elenco conformado por Patricia Vázquez, Marcos Orsi, Rocío González e Víctor Mosqueira

Estas tres primeiras representacións son de balde previa retirada de convites

 

28/06/2023

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais participa na presentación dunha carteleira que inclúe formacións galegas como Chévere, Vacabura, A Panadaría ou Caramuxo Teatro

O recinto vigués é un dos catro beneficiarios da liña de axudas ás salas privadas de artes escénicas á que a Consellería de Cultura destina 200.000 euros

26/06/2023

O responsable de Cultura subliña a excelente resposta dos coruñeses, galegos e visitantes que nestes tres meses achegáronse á faceta máis descoñecida do artista
 

“O evento cultural do ano foi tamén unha oportunidade para que quen non sabía do peso de Galicia na súa obra descubrise unha nova perspectiva creativa”, sinala
 

Rexistráronse máis de 600 visitas diarias durante os tres meses de apertura
 

25/06/2023

A Consellería do Medio Rural levará a cabo as primeiras actuacións para o estudo da escavación que recuperaría este castelo, que xa a realizaría posteriormente a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

José González referiuse a outras accións de recuperación impulsadas en Leiro, como o polígono agroforestal de Barzamedelle, no que están a piques de culminarse os traballos de roza e posta e punto, para poñer en produción esencialmente con viñedo

25/06/2023

No marco do Plan de impulso do libro galego, favorécese que as obras galegas se editen noutras linguas, impulsando así a proxección internacional da nosa cultura

Tamén se fomenta a publicación en galego de obras escritas noutros idiomas

24/06/2023

Promoverase a asistencia a unha quincena de eventos e recibirán unha axuda de ata 4.000€ no Plan Xeración Cultura para a proxección exterior e internacionalización