Busca

Páxinas

02/08/2023

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais participa na presentación do cartel que se desenvolverá do 10 ao 15 de agosto con 23 funcións a cargo de máis dunha vintena de compañías e artistas

Tanxarina, Vero Rilo, Píscore ou o Mago Teto son parte da representación galega neste encontro ao que a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades contribúe a través das axudas a festivais de artes escénicas e de música

 

02/08/2023

A intervención impulsada polo Goberno galego con 200.000€ permite datar as estruturas escavadas e asocialas ás diferentes etapas de ocupación deste espazo BIC

Este xoves celebrarase un obradoiro de mosaicos e unha visita teatralizada para dar a coñecer os resultados entre a veciñanza

Os traballos contan coa colaboración da Universidade de Vigo e continuarán no mes de setembro con tarefas de conservación e estabilización

01/08/2023

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación do programa, onde subliñou que o Goberno galego “aposta por iniciativas como esta, que funcionan como un importante reclamo cultural e turístico” para a zona

01/08/2023

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participa na presentación do encontro, que se desenvolve do xoves 3 a sábado 5 en Bueu con Natos y Waor, La Pegatina e Macaco como cabezas de cartel

Ortiga e Pili Pampín, Grande Amore, Lamontagne & PicoAmperio ou Lamatumbá son parte da representación galega nesta programación

O evento conta coa implicación da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades a través das axudas á organización de festivais e do patrocinio dun dos escenarios baixo marca FEST Galicia

 

01/08/2023

Os datos de Comercio interior do libro que veñen de ser publicados indican tamén un aumento de vendas, sobre todo do libro en papel, próximo ao 6%

O conselleiro reitera o apoio da Xunta ás Feiras do Libro e agradece o labor da Federación de Librarías na súa organización por toda Galicia

Destaca o compromiso do Goberno galego co sector, a través dun Plan de impulso á lectura dotado con 3M€ e de iniciativas como a ‘A furgoteca’

 

31/07/2023

Os directores xerais de Cultura e de Patrimonio Cultural, Anxo M. Lorenzo e Mª del Carmen Martínez, visitan o centro para supervisar o inicio dos traballos

A intervención permitirá incorporar ao museo novos espazos como as naves da antiga conserveira e salgadura Piñeiro, o que suporá duplicar o espazo expositivo

Exporanse ao público fondos do pintor Lugrís que actualmente permanecen gardados

Tamén se mellorarán as condicións xerais do centro museístico no eido enerxético e medioambiental, na seguridade, na climatización e na accesibilidade

30/07/2023

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades publica a resolución da convocatoria destas axudas cunha selección de propostas de cineastas como Ángeles Huerta, Noemí Chantada, Berio Molina, Álvaro Liste, Marta Eiriz ou Xacio Baño



A irrupción da Intelixencia Artificial, a memoria das loitas obreiras no franquismo, o papel da muller na sociedade rural, as distopías ou a vulneración de dereitos nos coidados psiquiátricos son algunhas das temáticas das obras subvencionadas

 

29/07/2023

Gabriel Alén destacou que nesta actuación a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades investiu preto de 14.000 euros

Trátase dun notable retablo renacentista manierista dedicado a Santa Marta, talla que se acha nun nicho rectangular e frontón recto partido coa parte central curva
 

28/07/2023

O delegado territorial de Lugo participou na presentación da décima edición desta iniciativa, que inclúe 13 concertos do 10 ao 24 de agosto en diferentes localizacións de oito concellos

Apunta que a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades renova un ano máis a súa colaboración económica con esta actividade, dedicada á difusión da música clásica desde escenarios singulares

28/07/2023

O delegado territorial sinalou que Aldea Nova Ribeiro-Ribeira é un proxecto sociocultural de alianza entre diferentes territorios da Ribeira Sacra e do Ribeiro
que buscan deslocalizar a cultura dos núcleos urbanas para levala ao rural, mediante talleres e formacións con diferentes colectivos

Gabriel Alén explicou que o taller, dirixido polo biólogo David Barra e promovido polo RibeiroLandArt, achega aos nenos do concello de Leiro ao mundo dos insectos endémicos do Ribeiro e a súa relación coa viticultura tradicional