Busca

Páxinas

31/08/2023

A Xunta e Afundación presentan a publicación da mostra que suma case 8.000 visitas desde a súa apertura, sendo a máis concorrida das catro organizadas neste ciclo

Permanecerá aberta ao público, con entrada de balde, ata o sábado 16 de setembro

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, destaca que tanto a exposición como o catálogo permiten “abordar a cidade desde diversas perspectivas nun espazo común”

30/08/2023

O Salón Teatro, o Teatro Principal e o Centro Sociocultural de Santa Marta acollerán a programación que inclúe tamén un obradoiro para a creación de máscaras

Anxo M. Lorenzo referiuse ao incremento dun 12% na colaboración con Fegatea para “impulsar a importante actividade do teatro afeccionado que se desenvolve en Galicia”

Desfeita Teatro, Teatro de Cámara Ditea, Hipócrita Teatro, Avelaíña Teatro, Pico do Castro e Ditirambo son as compañías participantes

 

29/08/2023

Galicia contará en 2025 cun centro de referencia en España na produción e exhibición de proxectos culturais dixitais de máximo nivel

Este equipamento non supón a construción dun edificio novo, senón a adaptación de espazos soterrados actualmente en desuso na Cidade da Cultura

Os traballos, que comezarán este outono, foron adxudicados á construtora San José por 4,45 millóns, investimento 54.900 euros por debaixo do importe de licitación

29/08/2023

A artista navarra chega á Cidade da Cultura o xoves 31 de agosto co seu pop íntimo, desgarrado e doce, confirmada como unha das voces máis relevantes da escena musical española

O mércores 30 o escenario será para o coñecido cantante e compositor nacido en Tours e os seus ritmos de soul e R&B vangardista

Ambas actuacións son de acceso libre e gratuíto ata completar aforo

O ciclo de concertos impulsado pola Xunta reúne preto de 10.000 persoas en 18 citas que combinan talento novo e veterano e unha gran variedade de estilos e públicos

 

27/08/2023

A XVIII edición destes galardóns recupera as probas presenciais e a persoa gañadora gravará un traballo discográfico

O prazo de inscrición estará aberto do 1 ao 21 de setembro de 2023

26/08/2023

Durante a fin de semana prevense accións divulgativas en materia de residuos, repartirase merchandising entre o público, haberá zona de aparcamento para vehículos eléctricos con 12 puntos de recarga e a área infantil funcionará só con enerxía solar

25/08/2023

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais participa na inauguración da oitava edición deste encontro multidisplinar, que se desenvolve ata o domingo na sede da Fundación Uxío Novoneyra en Folgoso do Courel

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades colabora con diferentes accións asociadas ao evento a través das axudas para ampliar e descentralizar a oferta cultural máis alá dos núcleos urbanos

14/08/2023

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades promove este circuíto de espectáculos, que arrancou o pasado 15 de xuño para ofrecer máis de 300 funcións de 150 formacións galegas en 88 concellos

Grupos musicais como Habelas Hainas, A Banda da Loba ou The Lákazans e nomes das artes escénicas como o Mago Teto, Vero Rilo ou Píscore forman parte da intensa oferta cultural tres últimas semanas de programación

 

13/08/2023

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades busca ampliar a novos territorios e públicos a actividade cultural galega

Poderán participar ata o 31 de outubro escritores, tradutores, deseñadores gráficos ou ilustradores que deberán publicar despois a obra resultante en lingua galega

No marco do Plan Xeración Cultura, o Goberno autonómico reforza así a súa aposta por apoiar o talento creativo e exportar o papel dos profesionais do sector