Busca

Páxinas

29/09/2023

O xurado, en cuxa reunión estivo o secretario xeral de Política Lingüística, recoñece a súa novela ‘Groenlandia’ como un “mosaico literario de perfecto encaixe construído a través da intriga, de humor e unha pasarela de personaxes que, sen seren de ningures, sempre ficarán engaiolados nas illas Azores”

A dotación económica do galardón ascende a 12.000 e inclúe, como cada ano, a publicación da obra por parte da Editorial Galaxia

Esta edición foi a máis numerosa desde a súa orixe en 2006 con 47 novelas curtas participantes

29/09/2023

Da autoría do poeta lucense Claudio Rodríguez Fer, publicouse en 1995 en catro idiomas e reeditouse ao longo dos anos en 35, 60 e, finalmente, 70 linguas diferentes

Hoxe tamén se entregou o XXI Premio Plácido Castro de Tradución a Eva Almazán e Xosé Antón Parada Fernández polo seu labor neste campo

29/09/2023

O Goberno autonómico cede a réplica da maqueta do Plan Palacios para Vigo elaborada por un profesor e alumnado do Instituto IES Politécnico da cidade olívica

“É de celebrar que esta retrospectiva inclúa a maqueta da titánica obra en Galicia, quizais a mellor mostra da súa creatividade universal”, expresa Román Rodríguez

28/09/2023

A compañía compostelá ofrecerá dous pases de ‘Hamelin’ dentro da carteleira semestral deste circuíto de espectáculos xestionado pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades xunto cos 40 concellos adheridos

Formacións como Sarabela Teatro, Os Monicreques de Kukas, Ghazafelhos e artistas como Roi Borrallas, Iria Pinheiro ou Diego Anido actuarán no escenario da rúa Rego da Auga e no Fórum Metropolitano

 

28/09/2023

As obras nestas dúas capelas da xirola están xa en execución e está previsto que finalicen no primeiro trimestre do vindeiro ano 2024

Os traballos inclúen a restauración das pinturas murais e retablos, así como o estudo da policromía e dos relevos pétreos

A intervención forma parte do Plan Catedrais, a folla de ruta que o Goberno galego ten en marcha nos grandes templos catedralicios

 

27/09/2023

Os principais axentes acreditados na mostra donostiarra están convidados a esta celebración do audiovisual galego, que conta con O corno e O soño da Sultana en competición oficial e con Matria e Sica en dúas das seccións paralelas

 

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, asiste esta tarde á estrea da longametraxe de Jaione Camborda, primeiro filme en galego que opta á Cuncha de Ouro

 

26/09/2023

Ofrecerase formación e mentorizaxe para poñer en marcha unha compañía teatral

A fase de presentación de solicitudes para este programa está aberta ata o vindeiro día 2 de outubro

26/09/2023

O secretario xeral de Política Lingüística participa nesta lectura de poemas en distintos idiomas por parte do alumnado do instituto compostelán

Destaca que o coñecemento de linguas “é unha ponte que une sociedades e culturas"

26/09/2023

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais participou na presentación do certame que se celebra en Santiago de Compostela do 3 ao 8 de outubro

A sección ‘Planeta GZ’ amosará fitas de autores galegos como Enar de Dios, Anxos Fazáns, Xacio Baño, Félix Brixel ou Borja Santomé nunha edición que acollerá a estrea en Galicia de ‘O Corno’, de Jaione Camborda, ou a presentación de proxectos singulares asinados por Niño de Elche ou Panda Bear

24/09/2023

A próxima semana, coincidindo coa data exacta da inauguración do centro, celebraranse o venres 29 e sábado 30 distintas actividades de balde

Inaugurarase unha nova mostra sobre a arte conceptual e organizaranse visitas guiadas polos comisarios en horario especial á mostra ‘Traballo en equipo ‘