Busca

Páxinas

15/05/2024

 O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude inaugura o novo espazo baixo o epígrafe Contra vento e marea que pon en valor estas achegas no Museo do Mar de Galicia

O acto de apertura encádrase dentro da programación do Goberno galego para festexar o Día dos Museos

15/05/2024

As persoas que acudan a doar na véspera da xornada festiva, recibirán este obsequio especial co que conmemorar esta xornada, que este ano lembra a figura da escritora coruñesa Luisa Villalta

15/05/2024

A asociación Músicas ao Vivo organiza a undécima edición da convocatoria, para a que volve contar co apoio económico da Xunta de Galicia

14/05/2024

Nas vésperas das Letras Galegas, propón iniciar un camiño de colaboración para proxectar a Galicia cara ao futuro e traballar pola nosa gran riqueza lingüística desde a concordia e con liberdade

A mocidade xoga un papel fundamental neste novo proxecto que mira ao futuro asentándose na transversalidade, a innovación, o benestar e a xeración de riqueza

Anuncia o novo Plan estratéxico da Cultura Galega, que, co horizonte en 2030 e consensuado co sector, axude a coordinar e planificar as liñas de traballo desta década

13/05/2024

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, asiste á inauguración desta cita cultural que se celebra na semana das Letras Galegas e que permitirá achegarse á obra da autora homenaxeada, Luísa Villalta

A praza Maior acollerá ata o 17 de maio concertos, presentacións, contacontos e teatro infantil

12/05/2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude avanza novas aventuras dixitais na Cidade da Cultura para 2025 tras o éxito desta pioneira experiencia

Máis de 2.000 estudantes dos centros de ensino de Galicia visitaron de maneira gratuíta a instalación desde a súa apertura no mes de decembro

A mostra, pensada para todos os públicos a partir dos 9 anos, emprega a tecnoloxía para sensibilizar sobre a necesidade de preservar a biodiversidade do planeta

12/05/2024

Inclúense visitas guiadas, obradoiros para a cativada, xornadas de portas abertas, actividades didácticas, teatro e propostas musicais vinculadas coas exposicións que se programan

11/05/2024

Destina 200.000 euros a fomentar a elaboración e publicación de recursos didácticos curriculares en galego e favorecer o tecido da industria editorial galega

As editoriais poderán solicitar estas subvencións a través da sede electrónica da Administración autonómica ata o 7 de xuño

10/05/2024

O obxectivo de Goberno galego é restauralos e poñelos a disposición da cidadanía, para o que se está avaliando a posibilidade de trasladalos ao Museo de Belas Artes da Coruña

A Lei de Patrimonio Cultural recolle este dereito de adquisición preferente para aqueles bens que contan co máximo nivel de protección

A Administración autonómica iniciou en marzo o proceso para declarar Ben de Interese Cultural este conxunto mural pola súa calidade e contexto artístico

 

10/05/2024

Padrón (A Coruña), 10 de maio do 2024

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na Ofrenda floral, celebrada co gallo do aniversario do nacemento do escritor Camilo José Cela, no cemiterio de Iria Flavia, en Padrón (A Coruña).