Busca

Páxinas

22/09/2025

A Xunta dálle cobertura a esta singular cita que reúne a máis dunha trintena de bandas e artistas das dúas beiras do Atlántico

Do 24 ao 28 deste mes, o evento ofrecerá unha programación diversa con música, obradoiros, encontros, espazos de pensamento e accións paralelas

O cartel de Maré reúne figuras como Kevin Johansen + Liniers, Felisa Segade, Gala i Ovidio, Bombino, Sumrrá, Dulzaro, Judit Nedderman i Pau Figueres, Bongeziwe Mabandla, pablo Und Destruktion, Davide Salvado ou Germán Díaz & Vidya Shah, entre moitas outras

16/07/2025

O delegado territorial, Javier Arias, explica que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a USC colaboran para seguir co estudo e documentación deste espazo

Este xoves haberá unha visita guiada ao xacemento, na que se presentarán os achados máis relevantes da actual intervención

13/06/2025

A delegada da Xunta e o director xeral de Patrimonio Cultural comprobaron o resultado desta actuación nunha igrexa protexida ao ter consideración de ben de interese cultural

Este proxecto dá continuidade a outras intervencións, levadas a cabo entre os anos 2021 e 2023, no retablo que tamén contaron cunha achega do Goberno galego de ao redor de 75.500 euros, o que eleva o investimento da Xunta nesta igrexa a máis de 525.000 euros

13/06/2025

Os realizadores Alejandro T. Tarraf, Fon Cortizo e Ángel Santos guiaron, respectivamente, a produción e rodaxe dos filmes dos colexios A Reigosa de Ponte Caldelas, A Rúa de Cangas e Tenorio de Cerdedo-Cotobade

Esta sesión conxunta ponlles fin ás actividades pedagóxicas desenvolvidas durante o curso 2024-2025 pola cinemateca da Xunta, coa participación de 1.765 escolares e 49 docentes de 29 colexios e institutos galegos

12/06/2025

Lugo, 12 de xuño de 2025

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, participou nunha visita guiada á Catedral de Lugo centrada nas orixes da relixión na cultura romana, unha proposta que ofrece ArtiSplendore desde hoxe e ata o sábado con motivo da celebración do Arde Lucus. Nesta actividade participaron tamén o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo, Cheché Real; o presidente da Federación de Comercio de Lugo, José María Seijas, e o presidente de Lugo Monumental, Luis Latorre, entre outros.

09/06/2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude define a exposición ‘Viquingos. Unha ollada desde Galicia’ como un “amplo retrato histórico” para comprender o impacto das incursións nórdicas “no noso territorio, na nosa cultura e nas nosas lendas”

O proxecto expositivo inclúe 75 pezas procedentes de museos de Suecia, Galicia e Andalucía, cuxo Goberno autonómico estivo representado na inauguración desta tarde pola titular do seu departamento de Cultura, Patricia del Pozo

06/05/2025

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que supoñen “un importante impulso para o sector e para o tecido cultural e editorial do noso país”

20/04/2025

O Diario Oficial de Galicia publica a resolución desta orde dotada con 550.000 euros para novidades editoriais e as súas coleccións bibliográficas

Esta convocatoria forma parte do compromiso da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude co co sector do libro galego ao que, en total, destina 3M€ cada ano

14/02/2025

López Campos sinala que esta proposta “cultiva tanto o gusto polo audiovisual como o espírito crítico da cativada”

Destaca que a programación “volve dar mostra da calidade das producións galegas, tamén no mundo da animación”

Entre as proxeccións atópanse filmes recoñecidos a nivel nacional e internacional, incluída ‘Cafunè’, producida por dous galegos e premiada nos últimos Goya

As curtas poden verse na Cidade da Cultura ata o domingo con entradas dispoñibles en Ataquilla e no despacho de billetes do Museo Gaiás