Busca
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 711
- 712
- 713
- 714
- 715
- 716
- 717
- 718
- 719
- …
- seguinte ›
- última »
Destina 200.000 euros a fomentar a elaboración e publicación de recursos didácticos curriculares en galego e favorecer o tecido da industria editorial galega
As editoriais poderán solicitar estas subvencións a través da sede electrónica da Administración autonómica ata o 7 de xuño
Padrón (A Coruña), 10 de maio do 2024
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na Ofrenda floral, celebrada co gallo do aniversario do nacemento do escritor Camilo José Cela, no cemiterio de Iria Flavia, en Padrón (A Coruña).
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e o director adxunto e conservador xefe da Frick Collection de Nova York, Xavier F. Solomon, visitaron a exposición ‘Tesouros reais’ no Museo Centro Gaiás
A Frick é internacionalmente recoñecida pola súa exclusiva colección de pintura, escultura e artes decorativas europeas desde o Renacemento ata o século XIX, na que atopamos obras de Rembrandt, Goya, Vermeer, Monet, ou Van Dyck entre outros
A Xunta adquirirá os murais de Urbano Lugrís da rúa Olmos da Coruña tras exercer o dereito de tanteo
O obxectivo de Goberno galego é restauralos e poñelos a disposición da cidadanía, para o que se está avaliando a posibilidade de trasladalos ao Museo de Belas Artes da Coruña
A Lei de Patrimonio Cultural recolle este dereito de adquisición preferente para aqueles bens que contan co máximo nivel de protección
A Administración autonómica iniciou en marzo o proceso para declarar Ben de Interese Cultural este conxunto mural pola súa calidade e contexto artístico
Celebrarase con dúas rutas diferentes, unha de 15 km, que recorrerá a Ruta da Prata desde o Pico Sacro á Cidade da Cultura, e outra de 5 km, na propia contorna do Gaiás
Tamén haberá circuítos na Cidade da Cultura para a rapazada, que poderá participar nalgunha das catro categorías habilitadas por idades (de sub 6 a sub 16)
As persoas participantes poden inscribirse ata o 14 de maio en www.carreirasgalegas.com e todas recibirán un libro de agasallo
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, asiste á inauguración neste concello pontevedrés que serve tamén para achegarse á obra da autora á quen se lle dedica o Día das Letras Galegas, Luísa Villalta
O barrio San Bieito acollerá ata o vindeiro domingo, 12 de maio, máis dunha trintena de actividades vencelladas ao libro e á lectura con concertos, presentacións, contacontos, recitais poéticos e teatro infantil
O Porriño (Pontevedra), 9 de maio de 2024
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, visitou hoxe o concello do Porriño, onde mantivo un encontro co rexedor, Manuel Alejandro Lorenzo, para coñecer de primeira man as necesidades en materia de cultura e xuventude deste municipio. A xuntanza enmárcase na rolda de contactos que o responsable autonómico de Cultura ten en marcha para estreitar a colaboración entre a Xunta de Galicia e as institucións municipais.
‘Outras historias posibles’ celebra as traxectorias de Ana García Pan, Emilia Guimeráns, Anne Heyvaert, Tusi Sandoval, Blanca Silva e Laura Terré como exemplos da diversidade creativa na arte contemporánea
A exposición recontextualiza o seu traballo analizando os eventos da vida cotiá e os acontecementos sociais que influíron na súa produción artística
Comisariada pola docente e crítica de arte Susana Cendán, abrirá ao público no Museo Centro Gaiás a finais de maio
José López Campos enmarcou esta iniciativa nos obxectivos que o Goberno galego persegue co deseño da futura Rede Adival para a dinamización cultural nos municipios menos poboados e máis afastados dos principais núcleos urbanos
As provincias de Lugo e Ourense concentran máis da metade das paradas desta xira, que arranca este domingo en Negueira de Muñiz e se estende ata o 15 de setembro
A iniciativa, incluída no Plan de impulso do libro galego, está dirixida a favorecer que as obras galegas se editen noutras linguas, impulsando así a proxección internacional da nosa cultura
Tamén se fomenta a publicación en galego de obras escritas noutros idiomas




