Busca

Páxinas

24/04/2024

A partida increméntase en 30.000 € e admite a incorporación da asistencia a feiras de decembro do pasado ano para que poidan optar a estas subvencións

O prazo para presentar solicitudes remata o 20 de maio 

24/04/2024

Desde o ano 2014 traballan diariamente no Gaiás os Seminarios de Lexicografía, Onomástica e Sociolingüística da Academia

O convenio prolonga durante outros catro anos a colaboración do Goberno galego

24/04/2024

Os eventos beneficiarios teñen que celebrarse entre o 1 de novembro do ano pasado e o 31 de outubro de 2024

Establécese como contía máxima a concesión de 60.000 euros por cada evento

23/04/2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude visita a carpa da Agrupación de Libreiros de Ourense e participa nas accións creativas na Ínsua dos Poetas con estudantes de centros de Infantil, Primaria e Secundaria da comarca do Carballiño

Visitas guiadas, obradoiros, exposicións, charlas e outras propostas conforman a programación de máis dunha trintena de actividades das bibliotecas xestionadas pola Xunta

 José López fai un chamamento para gozar de todas estas accións ao redor do libro e da lectura que erixe como “vía de expansión da identidade e cultura de Galicia”

23/04/2024

Poderá solicitalas calquera persoa física cunha proposta creativa a desenvolver durante estadías de tres semanas e un mes e medio na Cidade da Cultura

O resultado da residencia poderá ter unha vertente de investigación, unha dimensión práctica ou mixta

O prazo de candidaturas ás axudas REGA está aberto ata o 22 de maio de 2024

23/04/2024

O galardón, cunha dotación económica de 3.000€, busca promover a produción de pensamento sobre esta materia en lingua galega

23/04/2024

O galardón, dotado con 15.000 euros, está dirixido a asociacións, fundacións e entidades sen ánimo de lucro que protexen a Ruta Xacobea

Os interesados en presentarse a esta convocatoria dispoñen de prazo ata o 24 de maio 

Na pasada edición premiouse ás asociacións de amigos do Camiño de Santiago da Santa Cruz de Cuenca e de Río Grande do Sul do Brasil, á vez que ao profesor Paolo Caucci obtivo unha mención especial

22/04/2024

‘Tesouros reais’ amosa en Santiago de Compostela, como única cita en España, un tesouro artístico único no mundo, pertencente ao Terra Sancta Museum de Xerusalén

Exhibe no Museo Centro Gaiás obras de ourivería, xoias, téxtiles litúrxicos, cálices, báculos ou códices que ao longo de medio milenio foron doados ao Santo Sepulcro polas grandes coroas católicas europeas como mostra de poder e devoción

22/04/2024

A Residencia Literaria 1863 e o Centro Tyrone Guthrie de Annaghmakerrig colaboran no desenvolvemento desta iniciativa

Por terceiro ano consecutivo o intercambio realizarase con Irlanda e céntrase na creación poética 

22/04/2024

Publícase na web da Axencia Galega das Industrias Culturais a resolución desta convocatoria anual de subvencións

As mostras adxudicatarias en 2024 son Play-Doc de Tui, Festival de Cans do Porriño, (S8) e Intersección da Coruña, Curtocircuíto e MICE de Santiago, FICBUEU, Novos Cinemas de Pontevedra, Carballo Interplay e Galician Freaky Film Festival de Vigo