Busca

Páxinas

02/04/2024

Organizado polo Museo do Pobo Galego co apoio da Xunta, busca achegar aos escolares á lingua, á etnografía, á antropoloxía, á xeografía, á historia e á arte galegas

O secretario xeral de Política Lingüística participa na presentación desta convocatoria dirixida aos centros de Primaria e Secundaria

02/04/2024

O evento, dedicado á difusión da música culta desde escenarios arquitectónicos singulares, desenvolverase entre o 3 e o 12 de maio

Ademais dos concertos, están programados dous encontros con estudantes no Conservatorio Profesional de Música ourensán

01/04/2024

A cinemateca programa oito películas que afondan no 25 de abril de 1974 en Portugal

Remata o ciclo dedicado a Aki Kaurismäki, do que se ofrecen outros nove títulos

Díaz-Noriega, figura esencial do amateurismo español e referente para toda unha xeración de cineastas galegos, é un dos protagonistas deste mes

31/03/2024

A primeira das sesións, ‘Que nos di a investigación sobre o uso da tecnoloxía na aula?’, desenvólvese o vindeiro xoves 4 da man de Héctor Ruiz Martín

Aborda prexuízos sobre unha posible incidencia negativa das pantallas na saúde dos nenos ou no seu razoamento, entre outros

31/03/2024

A Cidade da Cultura organiza varias citas para achegar a  importancia na historia da arte galega do homenaxeado tanto a público adulto como infantil 

As bibliotecas públicas galegas súmanse á celebración con citas en Santiago de Compostela, Ourense e Vigo

28/03/2024

A nova sección Materiais para unha historia do cinema en Galicia centrouse no primeiro trimestre nas recentes dixitalizacións, cun investimento de máis de 100.000 euros

Ábrese agora ao resto de películas recuperadas pola cinemateca

En abril e maio a Sala José Sellier acolle a exhibición das restauracións de varios filmes de José Ernesto Díaz-Noriega, referente do amateurismo no cine galego e español

27/03/2024

O filme grávase nas provincias da Coruña e Lugo cunha subvención de máis de 77.000 euros por parte da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades

Con Daniel Froiz na produción e Cecilia Betz na dirección, a película ofrecerá un percorrido pola creación e evolución “Bauhaus galega” e pola historia de Galicia a través do seu deseño

27/03/2024

A convocatoria de axudas está dirixida a apoiar a creación, o reforzamento e o mantemento dos servizos lingüísticos, así como as programacións municipais de dinamización lingüística

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia entre hoxe e o 26 de abril

26/03/2024

“Con esta actuación queremos, polo tanto, restaurar unha parte importante da memoria lalinense”, di o representante da Xunta

No andar baixo situarase a Oficina de Turismo Municipal e o Museo Permanente do Cocido, mentres que o alto se dedicará a espazos socio culturais

O xardín poderá abrirse ao público para acoller actividades de diversa índole

26/03/2024

Román Rodríguez subliña a traxectoria do CDG como fogar e plataforma para a profesión teatral galega e a súa evolución no compromiso coa inclusión e a accesibilidade, a proxección exterior e a creación galega contemporánea

‘Os actos e as profecías’ estréase o 11 de abril en Santiago como produción central dunha programación na que a unidade teatral da Xunta pon o foco na cidadanía a través de múltiples accións de accesibilidade, mobilidade e mediación de públicos