Busca

Páxinas

31/08/2015

Agadic organiza unha nova edición do encontro co obxectivo de dinamizar a contratación das producións de teatro, danza, novo circo e maxia realizadas en Galicia de xeito profesional

Catro espazos de Santiago de Compostela acollerán, do 3 ao 5 de novembro, o programa de 2015, que incluirá producións completas, 'showcases' e unha sesión de 'pitching' para a presentación de proxectos

Non perdas o que preparan para este 24 de outubro
29/08/2015

Diálogo entre Culturas: Galicia-Cuba e Officina Utricularii son as actividades financiadas con 10.000 euros

28/08/2015

O Consello de Ministros aprobou esta inxección económica

  • Talabarte Trío
28/08/2015

A xornada do sábado contará con visitas guiadas aos monumentos máis senlleiros da localidade coruñesa e rematará cun concerto de Talabarte Trío

O domingo, diversas actividades e a música de Odaiko guiarán o público polos tesouros do xacemento Aquis Querquennis do concello ourensán

A terceira edición deste programa de difusión do patrimonio restaurado rematará o 5 de setembro en Lugo, cunha xornada centrada na igrexa de Santalla de Bóveda de Mera e que incluirá a actuación de Rodrigo Romaní

27/08/2015

O concurso da Federación de Librarías de Galicia busca incrementar o hábito lector e dinamizar as vendas

A actuación conta co apoio da Consellería de Economía e Industria a través do programa para impulsar o smart commerce e a presenza en internet e as redes sociais do comercio de proximidade, do que se benefician preto de 1.000 comerciantes e artesáns galegos ademais de federacións do sector

27/08/2015

Agadic achégalles 12.486 euros en axudas a través da convocatoria extraordinaria de subvencións para contribuír á cobertura dos gastos de asistencia ao Mercado de Industrias Culturais Arxentinas en Bos Aires e á World Music Expo en Budapest

Borja Fernández, Editorial Galaxia, Factoría de Software e Multimedia, Ficción Producciones, Lospregos, Mare, José Francisco Saavedra López-Sancho , Setembro Cine, Sons Galiza, Títeres Cachirulo e Rómulo Sanjurjo Chao son as compañías beneficiarias

27/08/2015

A cantautora Palito será a encargada de arrancar esta última semana na praza central da Cidade da Cultura, seguida polo punkpop da banda viguesa Paracetamol, que fará vibrar ao Gaiás este venres

A despedida correrá a cargo de The Excitements, grupo barcelonés que pisa con forza na primeira división do rythm’n’soul. Tras eles, a Cantina do Gaiás acollerá a festa de despedida cunha sesión de dj’s e audiovisuais