Dinamización: AS BIBLIOTECAS CELEBRAN O SEU DÍA

AS BIBLIOTECAS CELEBRAN O SEU DÍA

Non perdas o que preparan para este 24 de outubro

As bibliotecas públicas de Galicia engalánanse para o seu día grande e convídannos a celebrar con elas o 24 de outubro con concertos, obradoiros, xornadas de portas abertas, contacontos, visitas guiadas, sorteos e liberación de libros.

 

Ler máis

A Biblioteca de Galicia, xunto as públicas de Lugo e de Ourense, a González Garcés da Coruña , a Juan Compañel de Vigo, a Antonio Odriozola de Pontevedra  e a Ánxel Casal de Santiago de Compostela organizan unha présa de actividades para conmemorar o Día da Biblioteca con grandes e pequenos.

 

Á vez que divertir a través dos libros e da lectura, a oferta programada pretende pór en valor o traballo das bibliotecas públicas galegas e do seu persoal. Tal é o caso do obradoiro retranqueiro Quen matou o bibliotecario? , cunha recreación teatral que tira do humor negro para dar a coñecer o funcionamento das instalacións da Ánxel Casal.

 

Obradoiros de banda deseñada e de achegamento á astronomía a través da figura de Castelao; unha xornada de literatura de narración oral; sesións de contacontos como O coelliño branco, de Trinketrinke Teatro; mostras bibliográficas e espectáculos musicais como o de Magín Blanco con Libros en-cantados (enlace) son algunhas das propostas coas que as bibliotecas nos fan partícipes e protagonistas do seu día grande.

Consultádeas na Axenda de Cultura de Galicia e sumádevos aos festexos!

  • Magín Blanco actuará na Ánxel Casal
  • Visitas guiadas á Biblioteca de Galicia
  • Obradoiro Periplo Interestelar
  • Xornada de narración oral