Busca

Páxinas

  • A cineasta berlinesa Birgit Hein, considerada unha das máis relevantes figuras da historia do cinema experimental
01/03/2016

A directora berlinesa estará presente nas sesións programadas na Coruña o venres e sábado como parte deste ciclo organizado en colaboración co Festival de Cine Europeo de Sevilla e La Casa Encendida

A nova carteleira bimestral da Filmoteca de Galicia ofrece especiais sobre creadoras galegas, Charles Burnett, a historia da animación española, a actriz María Casares e Jean Renoir

  • Helmuth Rilling
01/03/2016

O conselleiro de Cultura asistiu a esta actuación na que a RFG estivo dirixida por Helmuth Rilling 

29/02/2016

A Agadic e a Academia Galega do Audiovisual colaboran no desenvolvemento de diferentes actividades vinculadas á décimo cuarta edición destes galardóns

A través deste apoio búscase recoñecer e estimular o labor que desenvolve o sector en Galicia en 25 categorías de produción e profesionais, ás que se presentaron 96 obras estreadas durante 2015

28/02/2016

O Teatro Principal pontevedrés volverá acoller 100 anos despois a proxección desta fita, nun acto que terá lugar o vindeiro venres 4 de marzo e que presidirá o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Intervirá o catedrático xubilado Ángel Luis Hueso e o pianista Nani García fará o acompañamento musical en directo

26/02/2016

A liña de subvencións bianual para a tradución de libros ao galego e do galego a outras linguas está dotada con 200.000 euros

As solicitudes poden presentarse a partir do 27 de febreiro e ata o 28 de marzo

Con estas axudas promóvese a difusión da produción intelectual e creativa de Galicia noutras culturas, ao tempo que se favorece o acceso da cidadanía galega aos textos producidos noutras linguas

26/02/2016

O novo filme de Ignacio Vilar conta con 260.000 euros da Agadic, través da convocatoria de 2014 das subvencións á produción e coprodución audiovisual

A lonxa do peixe de Fisterra acolleu a presentación da filmación desta longametraxe, que protagonizan os galegos Monti Castiñeiras e Marta Lado

  • Imaxe do espectáculo 'Todo me fala de ti'
25/02/2016

Será a segunda cita de Todo me fala de ti,espectáculo inspirado no poeta da Terra Cha, logo do éxito da estrea do programa en Ourense a pasada fin de semana

A biblioteca pública marinense acolle o sábado un concerto dirixido á cativada desde os 5 anos e ás súas familias

A entrada é libre e de balde ata completar a capacidade da sala
 

24/02/2016

O grupo lucense de teatro profesional que acaban de poñer en marcha Anxo Manoel, Isa Herrero e Rubén Pérez escenificará a súa primeira montaxe no Salón Teatro este venres e o sábado, ás 20.30 horas, e o domingo, ás 18.00 horas

Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, de Ibuprofeno Teatro, dirixen esta proposta, que explora as relacións humanas a través de tres compañeiros de piso que comparten espazo e soidade