Nova: A Real Filharmonía de Galicia celebra un concerto especial para conmemorar o seu XX aniversario
01/03/2016
A Real Filharmonía de Galicia celebra un concerto especial para conmemorar o seu XX aniversario
O conselleiro de Cultura asistiu a esta actuación na que a RFG estivo dirixida por Helmuth Rilling
Santiago, 29 de febreiro de 2016.- A Real Filharmonía de Galicia celebrou o seu XX aniversario e fíxoo cun concerto extraordinario na que estivo dirixida por Helmuth Rilling e ao que asistiu o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez.
Helmuth Rilling estivo acompañando polos flautistas Laurent Blaiteau e Luís Soto e aos violíns James Dahlgren e Grigori Nedobora. Interpretaron as obras de J. S. Bach: concerto de Brandemburgo número 4 en Sol maior BWV 1049; concerto para dous violíns en Re menor BWV 1043; suite para orquestra número 3 BWV 1068.