Busca
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 637
- 638
- 639
- 640
- 641
- 642
- 643
- 644
- 645
- …
- seguinte ›
- última »
A segunda edición do festival serviu de escaparate para presentar 12 traballos de artistas e compañías galegas, impulsando producións como o ‘Don Juan’ de Voadora, ‘Insultos ao Público’ de Borja Fernández e Uxía Vaello, ou a retrospectiva sobre a bailarina Janet Novás
O Gaiás recibiu a representantes de teatros e institucións de referencia, como o Festival Materiais Diversos de Minde (Portugal), o Teatro Rivoli de Porto (Portugal), MA Scène Nationale de Montebéliard (Francia), Marche Teatro de Ancona (Italia) ou o Festival BAD de Bilbao
Permitirase a participación de grupos de fóra de Galicia que canten en galego ou cun repertorio de raíz galega na súa meirande parte
A Agadic é unha das entidades patrocinadoras dos galardóns organizados pola asociación Músicos ao Vivo, que abren ata o 29 de febreiro o prazo de inscrición de candidaturas e trasladan a celebración da gala á primavera
Antoni Socias abrirá a nova axenda do Centro Galego de Arte Contemporánea, que se achegará á pioneira Marisa González e ás obras dos galegos Jorge Barbi, Carme Nogueira, Simón Pacheco, Pamen Pereira, Isaac Pérez Vicente e María Ruido
A segunda parte do ano terá como protagonistas unha ambiciosa mostra con fondos de coleccións públicas e privadas, unha retrospectiva sobre a austríaca Eva Lootz e unha exposición centrada no universo creativo da galega Berta Cáccamo, en colaboración coa Fundación Luis Seoane
Esta formación retoma a súa actividade coa análise dos formatos publicitarios do realizador Jorge Algora para TVG
A sesión terá lugar na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do Campus A Xunqueira de Pontevedra
Este centro museográfico de Ferrol está xestionado pola Fundación para o Fomento do Coñecemento da Construción Naval e das Actividades Marítimas
Abano Producións, Frida Films, Mad Mex Filmanova, Matriuska Producciones, Pulsa Control Z, Vaca Films, Vía Láctea Filmes e Zeitun Films difundirán os seus produtos no encontro internacional que se desenvolve en paralelo á Berlinale
A acción encádrase no programa de proxección exterior que a Consellería de Cultura e Educación e o Igape levan a cabo a través da Agadic e en colaboración co Clúster Audiovisual Galego
As longametraxes galegas ‘Cien años de perdón’ e ‘Cociñando na fin do mundo’ exhibiranse nos pases de mercado
O volume sobre a exposición ‘Alicerces’ aborda as diferentes estruturas e espazos que foron configurando o tecido urbano da cidade das burgas do século XVI ao XX
A mostra permanecerá aberta ata o vindeiro 28 de febreiro na sede de Afundación






