Busca

Páxinas

  • Brigitte Lesne
23/01/2017

A Agadic volve apoiar este evento dedicado á música culta, que se desenvolverá do 3 ao 12 marzo en diferentes escenarios da cidade de Ourense, así como de Esgos e Xunqueira de Ambía

Os galegos Mercedes Hernández e Fernando Reyes figuran neste programa internacional xunto a His Majesty Sagbutts and Cornetts, Haroni Duo, Accademia del Piacere, The Orlando Consort, The Gentlemen Singers e Brigitte Lesne
 

10/01/2017

Destina 350.000 euros ao programa de axudas que ten como finalidade mellorar os fondos bibliográficos das bibliotecas e axencias de lectura municipais mediante a adquisición de libros, material sonoro, recursos electrónicos, videogravacións, partituras e material cartográfico

Estas subvencións, que poden solicitar os concellos desde mañá ata o 10 de febreiro, complementan a liña de axudas de 200.000 euros para a compra de novidades editoriais en galego en formato físico, aberta ata o 6 de febreiro
 

28/12/2016

Dedícaselle ao escritor con motivo do 150 aniversario do seu nacemento

O volume está composto por cinco traballos, doutros tantos especialistas, que achegan novos datos sobre o teatro de Valle-Inclán, un xénero esencial no conxunto da súa obra
 

28/12/2016

Un taller sobre construción de monicreques para nenos e nenas a partir de 4 anos complementará as funcións que terán lugar mañá xoves 29 e o venres 30 ás 19:00 h

Victoria Pérez e Manu Fernández interpretan este espectáculo que adapta a novela de Érica Esmorís

O Centro Dramático Galego pecha a carteleira do seu escenario para 2016 co programa ‘Gran teatro para os máis pequenos’, que terá continuidade en xaneiro con Elefante Elegante
 

27/12/2016

Continúa á alza o orzamento desta liña de subvención, convocada cun aumento do 9,5 por cento respecto a 2016

O obxectivo é apoiar o labor de difusión da produción cinematográfica e/ou televisiva que levan a cabo estes encontros