Busca

Páxinas

  • Grupo Gelria
24/12/2016

O trío galego-catalán que integran Mario G. Cortizo, Federico Mosquera e Elena Tarrats fai un percorrido musical pola mellor poesía galega de todos os tempos

O primeiro traballo discográfico desta formación inclúe textos de Manuel Rivas e Xosé Lois Romero e musica poemas de Rosalía, Curros, Cunqueiro, Manuel Antonio, Uxío Novoneyra ou Chus Pato
 

23/12/2016

O Diario Oficial de Galicia publica as bases polas que se rexen estas dúas liñas de subvención, para as que o prazo de solicitude rematará o 23 de xaneiro

Mantense a dotación de 145.000 euros para apoiar os creadores audiovisuais na escrita de guión e na produción de curtas e longametraxes

Destínanse 70.000 euros a impulsar a actividade das salas escénicas galegas de titularidade privada
 

Estado de tramite:

21/12/2016

O proxecto é froito do obradoiro realizado por Galán no ciclo ‘Artistas no museo’ e nace dun roteiro polos espazos e rúas da cidade herculina vinculados coa traxectoria vital do artista galego

21/12/2016

Cita co público familiar en dez localidades desde mañá ata o domingo para reforzar as programacións municipais propias destas datas

20/12/2016

O espectáculo comporase das obras de Valle-Inclán ‘As galas do defunto’ e ‘A filla do capitán’, que se porán en escena por primeira vez en galego baixo a dirección de Tito Asorey e Marta Pazos, respectivamente

As bases da convocatoria establecen unha primeira fase de valoración dos currículos profesionais dos aspirantes e unha segunda de audicións

Os intérpretes interesados teñen de prazo ata o 2 de xaneiro para presentar as súas solicitudes
 

Estado do trámite:
15/12/2016

Dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios, promovida pola Agadic, ofrecerá os espectáculos ‘Eroski Paraíso’, ‘Soño dunha noite de verán’, ‘A noiva de Don Quixote’, ‘Tierra del fuego’, ‘Los malditos’ e o concerto de Óscar Ibáñez & Tribo

O escenario ourensán será en maio unha das paradas na xira do CDG co espectáculo ‘Martes de Carnaval’, que levará ás táboas en galego as obras de Valle-Inclán ‘As galas do defunto’ e ‘A filla do capitán’