Busca

Páxinas

01/03/2017

Impulsado polo Institut Français e coordinado en España pola asociación A Bao A Qu, a Filmoteca de Galicia forma parte como institución pioneira nesta rede que xa se aplica en sete centros educativos galegos

A presentación tivo lugar en Madrid con representantes dos organismos involucrados no proxecto e co debate entre alumnado de secundaria e os cineastas Jonás Trueba e José Luis Guerín
 

01/03/2017

Iria Azevedo, César Cambeiro, Mercedes Castro, Anabell Gago, Miquel Insua, Alejandro Jato, Pablo Rivero Madriñán, María Roja, Machi Salgado e Sergio Zearreta compoñen o elenco da nova produción propia da compañía da Xunta

O espectáculo, que se estreará o 20 de abril no Salón Teatro de Santiago, leva a escena por primeira vez en galego as pezas de Valle-Inclán ‘As galas do defunto’ e ‘A filla do capitán’
 

27/02/2017

Na Cidade da Cultura déronse a coñecer as tradicións desta festa en diferentes partes do planeta

Estado do trámite:
24/02/2017

Padrón (A Coruña), 24 de febreiro de 2017.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou nos actos organizados pola Fundación Rosalía de Castro na súa casa da Matanza, en Padrón, para celebrar o Día de Rosalía co gallo do 180 aniversario do nacemento da escritora.

22/02/2017

Cultura edita na colección Cardenos Ramón Piñeiro o volume Cervantes e o Quixote. A invención do humorismo, que se presentará hoxe mércores na biblioteca do CGAC

O caricaturista ferrolán analiza ‘O Quixote’ desde unha perspectiva inédita nos estudos desta obra, que considera fundacional dunha nova forma de humor na literatura universal