Busca

Páxinas

04/10/2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude acode este mediodía á sesión de ‘soundpainting’ ofrecida por Alfonso Medina no Novo Mercado, con danza e música en directo nun formato de improvisación a tempo real

O encontro, organizado co apoio da Xunta de Galicia, ofrece na xornada de tarde outras catro pezas curtas a cargo doutras tantas formacións galegas

05/07/2025

O director xeral de Patrimonio Cultural, Ángel Miramontes, comprobou o resultado das obras nas que a Xunta investiu máis de 200.000 €

O obxectivo foi trasladar e liberar sepulturas elevadas sobre o terreo do adro, que sufriu varias alteracións ao longo da historia

En total, a Xunta leva investidos máis de 400.000€ neste ben de Samos desde o ano 2020

05/07/2025

José López Campos abre a xornada lembrando a importancia de apoiar o traballo destas agrupacións, que realizan “un labor indispensable na formación dos músicos máis novos”

O encontro, organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares co apoio da Xunta, reúne no Gaiás preto de 600 intérpretes das catro provincias

O programa remata pola tarde coa actuación da Banda Sinfónica Xuvenil Galega, formada por integrantes de diferentes formacións da Comunidade

16/04/2025

Combinando máis de 240 pezas históricas e contemporáneas, trátase da maior exposición internacional sobre as orixes e evolución da tatuaxe, cun relato que percorre os cinco continentes 

A mostra está producida polo musée du quai Branly – Jacques Chirac de París coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a colaboración da Fundación “la Caixa”

Exhibe tamén 26 réplicas en silicona de partes do corpo humano, que foron tatuadas por pioneiros e referentes mundiais desta arte

16/04/2025

O galardón, que conta cunha dotación económica de 3.000€, busca promover a produción de pensamento sobre esta materia en lingua galega

16/01/2025

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2025

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asistiu no Salón Teatro de Santiago de Compostela á estrea do espectáculo teatral inclusivo Nada se sabe, coproducido polo Centro Dramático Galego e Culturactiva.

16/01/2025

Ofrecerá as súas primeiras funcións mañá e o sábado no Teatro Principal dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, promovida pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude en colaboración con 41 concellos de toda Galicia

Eduardo Alonso é o autor e director desta proposta, que interpretan Luma Gómez, Miguel Pernas, Manuela Varela, Maxo Barjas, Sabela Hermida e Xavier Estévez

  • Cartel da obra
01/12/2014

Unha adaptación libre dirixida por Roberto Salgueiro e que conta coa colaboración musical da Orquestra de Cámara da universidade compostelá

Este espazo compostelán retoma o teatro despois do festival Cineuropa con tres funcións desta montaxe, de acceso gratuíto para o público

  • Diego García Rodríguez dirixe á Orquestra Sinfónica de Galicia nun concerto especial para as Xornadas de Música Contemporánea
11/09/2014

Artistas galegos e internacionais participan na nova edición do ciclo, que terá lugar do 3 de outubro ao 1 de novembro en diversos espazos da capital de Galicia

A Cidade da Cultura será o escenario do concerto didáctico de Zoar Ensemble e o pianista Nicasio Gradaille, mentres que o CGAC acollerá unha instalación sonora de João Ricardo de Barros e diversos concertos da programación

23/12/2025

A tipoloxía busca recoñecer rutas que, sen contar cos criterios esixidos para ser Camiño de Santiago, reúnen os requisitos necesarios para contar cunha especial atención por parte das administracións

“Trátase de trazados de especial relevancia para a difusión e promoción da nosa cultura e identidade en todo o territorio”

A medida dá resposta ás demandas de concellos, asociacións e entidades que desenvolveron un amplo traballo de documentación para dar a coñecer percorridos singulares