Busca

Páxinas

  • Imaxe da banda
22/12/2015

Acollerá o sábado 26, partir das 16 horas, esta actividade coa actuación en directo de Los Hot Chocolates, con animación e clases de baile a cargo de Swing On e un obradoiro no que poder caracterizarse cos mellores complementos

Daranse a coñecer tamén os gañadores do concurso de postais, que recibirán o premio o 29 de decembro no transcurso da ‘Merenda de Nadal’

 

  • Fefa Noia
21/12/2015

Ocupará o posto de coordinadora do departamento de Produción Teatral da Agadic, desde o que tamén planificará a actividade do Salón Teatro

18/12/2015

Máis de 90 artistas escenificarán o domingo 27 no Auditorio de Galicia unha proposta multidisciplinar inspirada na obra Memorias dun neno labrego

Concluirá así o ciclo anual de difusión da música e a danza tradicionais, promovido pola Agadic xunto a esta agrupación compostelá, O Fiadeiro de Vigo e Xacarandaina da Coruña, despois de ter ofrecido nove actuacións noutras tantas localidades

11/12/2015

A través de 75 debuxos e caricaturas, dáse a coñecer nunha exposición o traballo deste artista galego, que na década dos 40 publicou as súas viñetas humorísticas en ‘La Noche’

10/12/2015

Posibilitará a tramitación totalmente electrónica e a conservación do patrimonio documental galego

Arranca en 2016 con 100 procedementos integrados, que se irán incrementando progresivamente e cuxo ciclo de vida será integramente dixital

Alberga xa máis de 275.000 documentos dixitalizados, que estarán accesibles desde o Portal de Difusión do Patrimonio Documental de Galicia

  • Pistacatro leva ao Salón Teatro o seu espectáculo Desperta!
10/12/2015

Ofrece dúas funcións coas que a compañía pecha unha xira de outono que a levou a Outes, Cee, Burela, Lalín e Vilalba

Natalia Outeiro ‘Pajarito’ dirixe a Ariñe Azkue, Aitor Garuz, Manuel Lago e Óscar Páez nesta montaxe sobre a identidade individual e aqueles aspectos que nos igualan e nos diferencian

03/12/2015

José Manuel Bonet, Xosé Luis Suárez Canal e Manuel Sendón analizarán a relación de Suárez coas vangardas europeas, a capacidade de capturar a dignidade do seu humano ou o seu cosmopolita periplo vital

‘A ollada da dignidade’ comezará cunha visita á exposición ‘José Suárez. Uns ollos vivos que pensan’ guiada por Alfonso Penela. A entrada é de balde previa inscrición
 

01/12/2015

Os representantes de 27 empresas dos sectores audiovisual e editorial daranse cita o vindeiro domingo en Pontevedra para participar na última fase desta iniciativa, organizada en colaboración coa Agapi e a AGE

A Axencia Galega das Industrias Culturais recibiu 52 propostas de libros para levar ás pantallas, que foron estudados por analistas de guión cara á organización de xuntanzas entre compañías con intereses comúns