Busca

Páxinas

18/02/2016

A Xunta de Galicia e o Concello de Santiago preséntanlles as principais liñas da programación cultural que se promoverá con motivo da designación da capital de Galicia como cidade convidada nesta cita internacional

Estado do trámite:
17/02/2016

Un total de 487 formacións achegaron as súas propostas de teatro, danza, música, narración oral, novo circo ou maxia cara á configuración do calendario de actuacións por parte das localidades participantes

Agadic e Turismo de Galicia promoven esta iniciativa, que conta co patrocinio de Gadis para desenvolver unha nova carteleira de espectáculos galegos do 15 de abril ao 30 de setembro

12/02/2016

A Agadic incrementa o apoio á Federación de Cineclubes de Galicia

Estado do trámite:
09/02/2016

O conselleiro de Cultura afirmou que a futura norma evitará “indeterminacións e demoras” que poidan debilitar na práctica a efectividade das actuacións de conservación e salvagarda

Román Rodríguez destacou no Parlamento a obriga de buscar “unha nova xestión máis simple e achegada aos cidadáns” no debate á totalidade do proxecto de Lei do Patrimonio

O impulso da nova norma demostra o compromiso do Goberno da Xunta co patrimonio cultural propio

03/02/2016

O ciclo Ollos ávidos é unha antoloxía realizada en colaboración co Museo Reina Sofía e que recompila filmes recentemente restaurados que exemplifican as múltiples traxectorias trazadas polo cine experimental estadounidense entre os anos vinte e setenta

O especial arranca mañá xoves cun programa dedicado á década dos vinte e está comisariado polo investigador Bruce Posner 

  • Gatuxo, un dos espectáculos que se poderá ver no Teatro Municipal de Tui
29/01/2016

A nova programación que este espazo desenvolverá ata xuño está conformada por un total de 10 propostas de teatro, música, maxia e cinema

27/01/2016

O autor galego encargouse tamén da dirección escénica deste espectáculo, que se representará no Salón Teatro

A obra, estreada orixinalmente polo Centro Dramático Galego, afonda na lacra da violencia de xénero a partir dunha situación aparentemente absurda como é o desconcerto dun home diante da piragua que un veciño garda no seu garaxe

  • The Assassin
26/01/2016

Contextos ábrese co filme The Assassin, pola que Hou Hsiao-Hsien obtivo o premio ao mellor director en Cannes

En febreiro será a quenda da produción alemá Phoenix, de Christian Petzold, que se confrontará cos clásicos Berlín Occidente, de Billy Wilder, e Vértigo, de Alfred Hitchcock