Busca

Páxinas

21/04/2016

A Feira Internacional do Libro arrinca este xoves 21 na cidade porteña e nela participan preto dunha trintena de autoras e autores galegos e unha vintena de editoriais, que proxectarán o noso potencial literario neste evento de referencia internacional, que ten como cidade convidada a Santiago de Compostela

19/04/2016

Cultura apoia a presenza da industria do libro nestes encontros, nos que Galicia estará representada por Galaxia, Alvarellos, KNS, Nova Galicia Edicións e Hércules

Trátase de reunións comerciais nas que se fomenta o intercambio entre todos os protagonistas da cadea de valor do libro como industria cultural

Exhibiranse un total 1.462 obras galegas e haberá máis de 2.500 libros á venda

18/04/2016

A filmoteca galega ofrecerá, en colaboración con Play-doc, ata catro filmes deste autor de culto, considerado un dos mellores directores afroamericanos do cinema estadounidense

O programa arranca coa súa ópera prima, ‘Killer of Sheep’, e inclúe ‘My Brother’s Wedding’ e ‘To Sleep With Anger’, ademais da curta ‘When it Rains’

17/04/2016

A Cidade da Cultura convida a artistas emerxentes a reflexionar sobre a arte con creadores consolidados como Alicia Martín, Lino Lago ou Ruth Montiel

Os interesados deben mandar o seu proxecto antes do 1 de xullo e cubrir o formulario dispoñible en www.cidadedacultura.gal

A clausura do VI EAN coincidirá coa inauguración de ‘Homo Ludens’, o proxecto de intervención artística para as Torres Hejduk que resultou gañador da edición anterior do Encontro

01/04/2016

A carteleira de abril, que arranca hoxe e mañá con dous concertos do Santiautor, acollerá a Teatro do Iceberg, a estrea do filme ‘D.E.P.’, un concerto de Pirilampo para público infantil, ‘Pelos na lingua’ de Talía e ‘A forma das cousas’ de La Yogurtera

O teatro universitario regresará á sede do CDG na recta final do mes coa mostra galega que organiza a Universidade de Santiago

28/03/2016

Román Rodríguez salienta como obxectivos da Xunta a democratización da cultura no marco dunha sociedade inclusiva e a internacionalización do sector

23/03/2016

María Lado, Lucía Aldao, Antonio García Teijeiro, Mª José Fernández, Antía Juncal, Martiño Maseda, Darío Xohán Cabana, Mateo Buján, Raúl Costas e César Morán participan na programación do evento, que inclúe recitais poéticos e musicais xunto con actividades paralelas arredor dos libros, da pintura e da fotografía

O municipio lucense acollerá o 1 de maio unha nova edición desta iniciativa promovida pola Asociación As San Lucas e o colectivo Mondoñedo É, co apoio do Concello de Mondoñedo e da Secretaría Xeral de Cultura