Busca

Páxinas

24/06/2026

O programa desenvolverase entre o solpor e a medianoite e ofrece tres representacións de gran formato que inclúen as estreas en Galicia de ‘Carena’, da compañía catalá La Corcoles, e ‘Into thin air’, dos neerlandeses Panama Pictures

A compañía galega Fran Sieira Danza pechará a noite con ‘Ceibe’, unha rompedora proposta de danza galega contemporánea cun elenco de bailadores entre os que se inclúen Aída Tarrío, Martín Mondragón, Artur Puga ou Cristina Canosa

14/07/2026

O trío formado por Cibrán Seixo, María Jorge e Migui Carballido presentará o xoves 16 un adianto do seu primeiro EP, que mestura instrumentos acústicos e electrónicos

Unto Vello mostrarán o venres 17 o seu traballo a partir de melodías tradicionais ás que engaden novos arranxos e musicalidades co acordeón

Ambos os dous concertos serán na Praza Central da Cidade da Cultura, a partir das 21,00 horas e con entrada de balde

  • Exposición ‘GTB fotógrafo. Realidade e ficción’
16/10/2014

A mostra GTB fotógrafo. Realidade e ficción’ inclúe imaxes das realizadas por Torrente Ballester nas décadas dos sesenta e dos setenta

O secretario xeral de Cultura referiuse a estas fotografías como “un material valioso” para comprender mellor as vivencias e os escenarios máis coñecidos da obra literaria do escritor
 

25/06/2026

A delegada territorial e a vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez, visitaron este xoves a montaxe da segunda edición do festival no peirao de Transatlánticos

"Desde a Xunta de Galicia seguimos impulsando grandes citas que vertebran a nosa identidade e atraen as miradas de miles de persoas”, sinalou Ana Ortiz

O Goberno galego apoia numerosos eventos culturais na cidade, como Vigo Porté, Son e Mar, WakeUP, Underfest, Megaestrelas, MusicaV e a Xornada Mar de Galicia

  • II Premios Martín Códax da Música
24/09/2014

Promovidos pola asociación Músicos ao Vivo establece un total de 15 categorías musicais e a creación dos Premios Organistrum dirixidos a salas, festivais e espazos de comunicación musical

O nome dos gañadores deste ano darase a coñecer o 17 de decembro en Pontevedra no transcurso dunha gala dirixida pola compañía de teatro Chévere
 

  • Portada de Galician Songs
16/01/2015

Os BBC Singers interpretaron unha peza do compositor británico Daniel Saleeb con versos en galego de ‘Cantares gallegos’ e tamén da edición en inglés coeditada pola Consellería de Cultura e Educación e Small Station Press

  • Cartel da exposición ‘O froito prohibido’
26/12/2014

A artista crea un espazo de reflexión en torno ao papel da muller na sociedade a través de obxectos cotiáns que eleva a nivel creativo e simbólico

O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre é un ambicioso equipamento cultural creado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia coa finalidade de xerar un modelo integrado de xestión que satisfaga o necesario equilibrio entre conservación, investigación e difusión dos petróglifos de Galicia.

  • Eduardo Blanco Amor
14/09/2014

Ourense, 14 de setembro de 2014.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, acompañado polo presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, participou nunha xuntanza de traballo para a creación da Fundación Blanco Amor.