Busca

Páxinas

Estado do trámite:
Estado do trámite:

Estado de tramite:

Estado de tramite:

05/09/2026

A delegada da Xunta participou na visita guiada tras rematar unha nova actuación de limpeza e mantemento deste enclave arqueolóxico que contou cun investimento de preto de 17.000 euros

09/04/2026

Salienta o bo momento que vive a cultura galega cunha candidatura aos Oscar, premios nacionais de Poesía, Circo e Danza, e un Latin Grammy

Destaca a aposta da Xunta por un sector que configura a identidade da comunidade con máis de 110 M€ para políticas culturais neste 2026

Agradece o labor realizado a prol da cultura e lingua galega a todos os premiados: Editorial Galaxia, produtora Baños Films, a asociación Sempre en Galicia, o mestre Antón Corral, a Bienal de Arte de Pontevedra, a Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas e aos autores da campaña ‘Aquí tamén se fala’

02/04/2026
  • A convocatoria que acaba de publicarse no Diario Oficial de Galicia está destinada a actuar en equipamentos como bibliotecas, axencias de lectura e locais municipais
  • A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude responde así ao seu compromiso coa modernización e adecuacións deste tipo de infraestruturas a prol da cidadanía
  • As solicitudes poderán enviarse ata o 30 de abril e cada entidade poderá recibir ata 30.000€
23/02/2026

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2026

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, lembrou hoxe a Rosalía de Castro con motivo da data do seu nacemento, enxalzando a autora “como unha desas persoas que sempre debemos ter como referente da nosa cultura, da nosa identidade e da nosa historia, aproveitando efemérides como esta, mais tamén poñendo en valor o seu legado de maneira constante, xunto con outros dos nosos persoeiros ilustres”.

30/10/2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude asina o convenio co alcalde do Pereiro de Aguiar, Luis Menor, para a segunda fase da restauración da antiga vivenda do ilustre galeguista

A actuación busca poñer a disposición da cidadanía un espazo para a divulgación da figura e obra do célebre mestre e articulista

O representante de Cultura do Goberno galego fai fincapé “no noso compromiso para manter vivo o legado do articulista promovendo o coñecemento da nosa historia”

15/07/2025

O director xeral de Cultura inaugurou no Museo Etnolóxico a exposición ‘Made in China’ que “pon en valor as contribucións desta cultura en Galicia”

A proposta reúne máis de 20 pezas entre porcelanas, moedas ou carteis, entre outras

Forma parte das 43 mostras que a Xunta programa no marco da campaña ‘Para gustos, cultura’, que abrangue 3.400 accións ata setembro por toda Galicia