Busca

Páxinas

09/08/2025

O tradicional festival da Cidade da Cultura celebrarase o 6 de setembro e reunirá 14 compañías de Galicia, Italia, Guatemala, Francia, Portugal, Cataluña e Madrid

Esta décimo terceira edición ten como novidade que comezará unha hora máis tarde, ás 17,00 h., para rematar ás 22,00 h. cunha creativa e orixinal iluminación nocturna

Clown, música e teatro completan esta proposta que forma parte da campaña ‘Para gustos, cultura’ da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

24/07/2025

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2025

A Xunta de Galicia manterá nos orzamentos do ano 2026 o compromiso co Consorcio de Santiago. Así o acordou hoxe o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, na reunión do Consello de Administración da entidade, na que participou como representante do Goberno galego.

10/07/2025

O representante da Xunta subliñou a oportunidade que supón esta exposición para “vivir de forma indirecta esta celebración que combina o espiritual, o social e o cultural”

A mostra, que poderá visitarse ata o 29 de outubro, está formada por 25 fotografías do monfortino Manuel Valcárcel

24/06/2025

A Xunta inicia así o procedemento, que supón xa a salvagarda e protección deste patrimonio, que forma parte da colección numimástica do galego Antonio Orol

Constitúen emisións únicas que conforman un testemuño material e documental da presenza do Reino Suevo en Galicia e do medievo renacentista

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude ten agora 24 meses para completar o expediente, que precisará de informes favorables de dous órganos consultivos

17/06/2025

As actuacións impulsadas polo Goberno galego contan cun orzamento de máis de 380.000€ para a restauración e conservación dos paramentos e das renovacións das luminarias e os pavimentos

As obras enmárcanse dentro do Plan Catedrais Galicia 2021 – 2027 dotado con 38 M€ e que prevé un investimento de preto de 7 M€ neste templo

10/05/2025

As subvencións de 2025 á creación escénica distribúense entre 25 compañías profesionais para levar a cabo 19 montaxes de teatro, sete de danza e catro de circo

A dotación desta convocatoria anual experimentou un incremento do 8,7% para ampliar a modalidade destinada a proxectos plurianuais, que desta volta apoia o plan de traballo 2025-2027 de Pistacatro, Redrum Teatro e Talía Teatro

09/04/2025

Subliña que estes galardóns “recoñecen valores fundamentais dunha sociedade democrática” como “a liberdade de expresión, o compromiso coa verdade e a defensa da identidade”

Describe ao autor premiado coma “unha figura esencial da literatura e pensamento contemporáneos”

Salienta o compromiso da Xunta coa “protección e promoción” da lingua e cultura galega “dentro e fóra das nosas fronteiras”

29/03/2025

O responsable de Cultura do Goberno galego destaca a “enorme calidade  creativa” dos autores e autoras galegas “como demostran os numerosos premios que reciben”

Asegura que Galicia é “unha potencia e referente cultural” e atribúeo á fortaleza e á profesionalidade do sector cun “constante e inquebrantable” apoio da Xunta

03/03/2025

Destaca o seu valor sobranceiro como patrimonio inmaterial de Galicia e a súa importancia á hora de reafirmar a identidade dos concellos e a convivencia interxeracional

Apunta a que esta declaración protexe ao Entroido galego no seu conxunto e achega medidas de salvagarda

Con esta aprobación, xa son 784 os Bens de Interese Cultural en Galicia