Busca

Páxinas

20/06/2025

O titular de Cultura do Goberno galego salienta o “momento excepcional” que está a vivir a música e baile tradicional, lembrando que se calcula que máis de corenta mil persoas forman parte dalgunha agrupación folclórica en Galicia ou na emigración

Ata o domingo, o IV Encontro Galego de Cultura Popular reunirá no Gaiás milleiros de asistentes cun programa pensado para poñer en valor a nosa música de raíz

18/06/2025

O director xeral de Cultura, inaugurou unha mostra artellada cos traballos dun obradoiro de fotografía participativa con persoas da comarca do Ribeiro

A exposición reúne imaxes contemporáneas e de arquivo coas que se fai un percorrido pola historia da zona desde unha ollada persoal

18/06/2025

O parque de San Lázaro acollerá ata o sábado 21 de xuño propostas como espectáculos, presentacións, sinaturas de libros e teatro ou obradoiros infantís

O representante da Xunta remarca “o traballo do Goberno Galego por impulsar a lectura, o sector libreiro e os grandes escritores e escritoras da nosa terra”

Estado de tramite:

19/05/2025

O certame recibe preto de 50.000 euros a través da convocatoria anual a festivais audiovisuais da Axencia Galega das Industrias Culturais

A cita, que terá lugar do 3 ao 8 de xuño, proxectará 112 obras de 97 cineastas procedentes de 15 países

A creación galega emerxente estará representada na sección ‘Sinais’ con Carlos M. Peñalver, Cristina Souto, Iago Lourido, Borja Rodriguez, Berio Molina e Olmo Cuña

05/05/2025
  • O Consello dá luz verde ao convenio dotado con máis de 220.000€ para actuacións de divulgación, información e promoción da cultura
  • A achega da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude tamén irá destinada ao circuíto das Feiras do Libro de Galicia, cuxa segunda parada estase a celebrar en Santiago de Compostela ata o 11 de maio
05/05/2025
  • O Consello dá conta do informe realizado por este organismo que expurgou máis de 349.000 ficheiros de arquivos físicos
  • O órgano colexiado dependente da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude funciona como consultor e da asesoramento á Administración para o estudo e ditame das cuestións relativas ao patrimonio documental de titularidade pública
05/05/2025

O delegado territorial, Javier Arias, subliñou que se completan os traballos de acondicionamento iniciados no 2023, sumando un investimento total de 355.500 euros

04/05/2025

Organizado pola Xunta de Galicia e baixo a dirección de Kirenia Martínez, o festival remexe en temas como o amor romántico, a representación das persoas racializadas na arte, a saúde mental e os coidados, entre outros

Do 8 ao 11 de maio, o programa inclúe cinco estreas absolutas, sete obras que se verán por primeira vez en Galicia e dúas estreas en España de obras internacionais con artistas procedentes de oito países

26/03/2025
  • A programación, que se estende ata finais de 2025, foi avaliada hoxe polo Consello e nela inclúense once centros museísticos e 5 arquivos localizados nas 4 provincias
  • Entre as mostras destacan as que fan uso das tecnoloxías con propostas inmersivas ou as que poñen de relevancia figuras como Castelao en distintos eidos creativos