Busca

Páxinas

Estado de tramite:

16/06/2024

Os galardóns recoñecen o labor creativo e a expansión a novos espazos nos ámbitos das Letras, Artes Visuais, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua, Patrimonio Cultural e Proxección Exterior.

As institucións e entidades culturais ou profesionais relacionadas con cada categoría contan con dous meses de prazo para enviar as súas candidaturas.

15/06/2024

Pon en valor o prestixio destas distincións que na súa XXXIX edición premian un ensaio de Rafael Otero Janeiro e unha novela de Iria Morgade

04/06/2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude reúnese cunha representación de Agapi, o principal colectivo empresarial do sector en Galicia, que este ano celebra o seu 30º aniversario con máis de 35 compañías asociadas

04/06/2024

As voces, percusión, guitarra, electrónica e acordeón de Tania Caamaño, Inés Salvado (De Vacas), Andrés Boutureira e Fran Barcia, sumaranse ao gaiteiro no escenario da Praza central do Gaiás

Budiño presentará o seu último disco, ‘Branca vela’, unha obra coral na que segue a explorar a combinación de ritmos tradicionais coa vangarda electrónica 

O concerto será o venres 21 de xuño ás 21 horas, con entrada de balde

  • Imaxe do espectáculo
02/10/2014

O espectáculo de teatro e música para toda a familia do Centro Dramático Galego estréase mañá en Ourense

Vilagarcía forma parte tamén da campaña escolar desta produción, da que o vindeiro luns se ofrecerá un pase especial para alumnos de toda a comarca

José Caldas dirixe unha nova xeración de intérpretes galegos –Alba Taín, Alberte Cabarcos, Davide González, Ailén Kendelman, Fran Lareu e Laura Villaverde– para achegarlles aos espectadores unha nova ollada sobre a obra de Carlos Casares
 

  • 'Víctor Said Armesto. Una vida de romance'
01/10/2014

O autor traza un percorrido pola faceta musical de Armesto xa que desenvolveu parte da súa vida reunindo romances e música popular galega

  • Busto de Roberto Vidal Bolaño na carballeira de Santa Minia
31/07/2014

Promovido polo Concello de Brión,  no acto descubriuse un busto do dramaturgo na carballeira de Santa Minia, onde ensaiaba co seu grupo Teatro do Aquí

12/08/2026

O Festival Internacional de Folclore Cidade da Coruña naceu en 1987 por iniciativa de Coros e Danzas Eidos e, xa desde os seus primeiros anos, procurou adquirir unha personalidade propia e integrarse nas Festas de María Pita

09/07/2026

O festival itinerante desenvolverá en Galicia a súa recta final entre o 12 e o 17 de xullo, con funcións en Ferreira de Pantón, Tui, Ourense, Portomarín e Muxía 

As compañías galegas Julia Laport, Laboratorio Escénico, SóLODOS e Daniel Rodríguez Cía. protagonizan a programación convidada os días 12 e 14 de xullo

O ciclo conta co patrocinio da Xunta de Galicia a través da plataforma cultural SóLODOS e forma parte da programación da campaña ‘Para gustos, cultura’