Busca

Páxinas

26/06/2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude destaca a aposta desta exposición polo emprego de intelixencia artificial “dun xeito ético e responsable, co obxectivo de achegar a nosa cultura a novos públicos e sen deixar de lado o traballo de autor”

Na materialización deste proxecto participaron medio centenar de persoas con perfís técnicos e creativos e numerosas empresas e institucións galegas, amosando o potencial da nosa Comunidade no eido das artes dixitais

29/05/2025
  • O director xeral de Cultura participa na inauguración desta cita que se impulsa en colaboración coa Federación de Librarías de Galicia e que percorrerá 13 vilas e cidades ata o mes de agosto
  • O barrio de San Bieito contará con máis de 40 actividades como obradoiros, presentacións, sinaturas de libros e propostas para o público infantil nas que participarán máis de 30 escritores ata o domingo 1 de xuño
29/05/2025

O ciclo arrancará o 5 de setembro coa célebre obra de George Bizet en conmemoración do seu 150 aniversario e coa Sinfónica de Galicia e mais os coros Gaos e Cantábile noi escenario

‘La finta semplice’ de Mozart, o sopranista Samuel Mariño e a estrea da única ópera de Debussy, ‘Pelléas et Mélisande’, son outras citas destacadas desta edición

A programación complétase con actividades didácticas para escolares, conferencias, recitais, proxeccións de ópera e cinema, un curso de interpretación vocal e propostas inclusivas

28/05/2025

A achega da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude encádrase nos obxectivos do Plan de Catedrais de Galicia, que contempla un investimento de 6,5M€ neste ben

A actuación completada por Fundación Endesa co apoio do Goberno galego permitiu renovar a antiga instalación de electricidade e iluminación realizada nos anos 60 co obxectivo de acadar unha mellor eficiencia enerxética

O novo deseño de luces ofrece unha maior visibilidade de espazos como as pinturas murais, o retablo, o altar ou a cátedra episcopal

25/03/2025

As propostas para este ano nos cinco centros dependentes do Goberno galego céntrase en mostrar ao público os seus propios fondos seguindo distintas temáticas 

Entre a decena de exposicións, destacan as vencelladas á celebración do Día Internacional dos Arquivos ou ao Día Internacional da Muller

López Campos salienta que se trata de institucións “esenciais na transmisión de coñecemento, abordando diversos eidos a través dos seus documentos históricos”

O calendario foi presentado no Arquivo do Reino de Galicia que este ano conmemora o 250 aniversario da súa creación

25/03/2025

Publícanse no DOG as bases desta liña de apoio, que poden solicitar ata o 25 de abril tanto empresas privadas como entidades locais para a organización profesional deste tipo de certames

Con elas, complétanse as cinco convocatorias do programa anual de axudas da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude ao sector escénico cun investimento conxunto superior a 1,9 M€

19/03/2025

Na reunión fíxose oficial o nomeamento de Juan Antonio Cuéllar como novo xerente do Consorcio para a Promoción da Música

19/02/2025

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, reuniuse hoxe en San Caetano co alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, co que abordou a integración do Museo da Fábrica de Papel na Rede de centros museísticos de Galicia.

19/02/2025

A Xunta de Galicia subvenciona o 100% das actuacións ao abeiro deste circuíto, ademais de cofinanciar o resto da programación musical das seis salas asociadas

Antía Muíño, PAVA, Alana, Catuxa Salom, Faltriqueira, Ataque Escampe ou Espiño son algúns dos nomes que forman parte da oferta para a primeira metade de ano, integramente galega e con gran protagonismo feminino