Busca

Páxinas

  • Xoan Curiel é un dos artistas galegos no Teatro Dona María II de Lisboa
10/05/2015

Co gallo da estrea da versión lusa de ‘Saxo tenor’, Cultura programa un ciclo de actividades no Teatro D. Maria II que arrancará na semana das Letras

Recoñecidos especialistas do ámbito cultural de ambos os territorios, as poetas Yolanda Castaño, Eva Veiga, Alba Cid e Maria João Cantinho, xunto cos músicos Xoán Curiel e Sérgio Tannus, participan na iniciativa ‘Portugal-Galicia: Escenarios para un encontro’

  • Santiago de Compostela será a cidade protagonista da Feirado Libro de Bos Aires 2016
10/05/2015

A capital galega acaba de ser nomeada ‘Cidade Convidada’ na próxima edición deste encontro

Este recoñecemento é proba da relevancia, talento e profesionalidade do sector galego editorial e do libro

  • Camiño. A orixe
10/05/2015

Inaugurada o pasado 13 de marzo, ofrece unha selecta escolma de obras de arte, con autores como Durero ou Murillo

Unha media de 223 visitantes achéganse cada día á Cidade da Cultura para coñecer como comezou o fenómeno das peregrinacións a Compostela

06/05/2015

A decisión deberá ser sometida ao Comité do Patrimonio da Humanidade que se reúne en xullo en Bonn

  • O director do Festival Internacional de Cine de San Sebastián, José Luis Rebordinos
06/05/2015

José Luis Rebordinos, que foi presentado polo director da Agadic, ofreceu unha charla-coloquio sobre as claves e oportunidades que brinda o certame donostiarra e mantivo reunións individuais

O encontro desenvolveuse na sede do CGAI na Coruña como parte do programa formativo Galicia ProFilme

05/05/2015

A cooperativa agrogandeira galega lanza, no marco das súas accións de responsabilidade social, unha edición especial baixo o lema ‘Sempre coas Letras Galegas’ e un certame de microrrelatos na rede social Facebook no que colabora a Secretaría Xeral de Política Lingüística

05/05/2015

A coñecida parroquia do Porriño acolle do 20 ao 23 de maio un intenso programa, que inclúe unha vintena de actuacións musicais, preestreas de longas, presentacións de proxectos, as actividades do MiniCans e a nova sección Rebobinando

24/04/2015

O espazo compostelán acollerá a partir do luns 27 un total de nove dos 15 espectáculos seleccionados para a décimo sexta edición deste encontro, que se desenvolverá tamén na sala Roberto Vidal Bolaño

As funcións no escenario do CDG, programadas para as 20.00 horas, son de entrada gratuíta previa recollida dos convites no despacho de billetes
 

23/04/2015

A exposición dos tres pintores leva o concepto de ourensanía á arte plástica

22/04/2015

Contacontos, exposicións, encontro con escritores e visitas guiadas centran a celebración do 23 de abril nas bibliotecas de xestión autonómica

Os museos galegos tamén se unen a esta conmemoración coa súa participación nunha campaña estatal de bookcrossing que liberará máis de 2.000 volumes

Coincidindo co 23 de abril, a Feira de Bos Aires abre mañá as portas da edición de 2015, na que estará representado o sector editorial galego