Busca

Páxinas

  • Presentación dos finalistas aos Premios Mestre Mateo 2015
25/03/2015

A décimo terceira edición dos galardóns será na Coruña o vindeiro 11 de abril

Hai distincións para 25 categorías nestes premios que procuran recoñecer e estimular o labor da profesión audiovisual de Galicia

  • Nexos bota a andar cunha homenaxe á figura de María Zambrano
21/03/2015

Arranca o Día Mundial da Poesía co relatorio de Ana Bundgaard sobre a figura da maior intelectual española do século XX, seguido dun concerto de guitarra clásica a cargo de Samuel Diz

Beatriz González Loroño aposta pola continuidade dun evento que busca establecer un diálogo entre a literatura e outras áreas do coñecemento
 

  • Illa de San Simón, declarada Ben de Interese Cultural
20/03/2015

A Xunta e o Concello de Redondela asinan un convenio para impulsar a realización de actividades que potencien o gran valor histórico, cultural e paisaxísto deste espazo

  • ‘Romeo e Xulieta'
19/03/2015

Con motivo do Día Internacional da Danza, o Museo Centro Gaiás acollerá o 25 de abril esta obra musical basada na traxedia de Shakespeare e a música descritiva do ballet do compositor ruso Sergei Prokofiev

As entradas para o espectáculo xa están á venda no Punto On da Cidade da Cultura e en www.ataquilla.com a un prezo xeral de 5 euros
 

  • ‘Xardín suspenso’
19/03/2015

A produción do CDG, que permanecerá en Santiago ata o 29 de marzo, represéntase o venres e sábado, ás 20.30 h, e o domingo, ás 18.00 h

Cándido Pazó dirixe este premiado drama do portugués Abel Neves, con César Cambeiro, Melania Cruz, Rocío González, Luisa Merelas, Santi Romay e Ana Santos nas interpretacións

O CDG tamén está a desenvolver pases matinais para estudantes, aos que asistirán alumnos dunha decena de centros escolares de toda Galicia
 

  • Entrega dos premios Lingua de namorar
18/03/2015

Trátase dun certame de declaracións de amor na rede, e en galego

O acto de entrega dos galardóns foi conducido pola escritora Yolanda Castaño

Enmárcase nas medidas de promoción de uso do galego que recolle o Plan Estratéxico de Xuventude 2014-2016 e ten como finalidade dinamizar o idioma propio de Galicia entre a mocidade nas súas relacións persoais e nas TIC

  • Adeus á linguaxe abre o ciclo de 30 películas do CGAI no cineclub Padre Feijóo
18/03/2015

Adeus á linguaxe, Premio do Xurado no Festival de Cannes, proxectarase o 6 de abril na sala da Biblioteca Pública Nodal

A primeira programación inclúe ata principios de maio varios títulos internacionais que afondan na relación entre cine e pintura

  • Cartel do filme 'Toro', protagonizada por Tosar e Mario Casas
17/03/2015

A compostelá Zircozine é unha das coprodutoras da nova película de Kike Maíllo, que conta cunha ampla nómina de profesionais galegos no seu equipo

Este é un dos 13 proxectos beneficiarios en 2014 das axudas da Axencia Galega das Industrias Culturais para producións e coproducións audiovisuais

A longametraxe está a rodarse en distintas localizacións da cidade olívica, así como de Cerceda, Pontevedra e Ourense

  • Embarcación tradicional, propia deste tipo de encontro
17/03/2015

O porto de Cabo da Cruz acollerá, do 9 ao 12 de xullo, esta iniciativa a prol dos bens patrimoniais vinculados ao mar

16/03/2015

A casa on de viviu na capital de Galicia conta cunha placa conmemorativa