Busca

Páxinas

08/10/2025

López Campos e Luisa Sánchez puxeron en valor esta apertura como “xusta correspondencia á implicación e entusiasmo da cidadanía coa recuperación do espazo”

Levaranse a cabo todos os mércores ás 12,30, 16,00 e 17,00 horas en grupos reducidos de ata 15 persoas

As primeiras quendas estarán reservadas para os participantes na campaña ‘O mellor espazo busca o mellor contido’ para agradecer as súas achegas ao plan de usos

As reservas poderán facerse a través do número de teléfono 986 118 227

20/09/2025

A delegada da Xunta en Vigo e o director xeral de Cultura participaron na inauguración da asemblea da Confederación Española de Centros de Estudos Locais que se celebra na cidade

12/09/2025

Os traballos realízanse ao abeiro dun convenio entre a Xunta e a Universidade de Vigo por valor de 30.000€

Trátase dunha das 20 iniciativas que se levan a cabo na provincia de Pontevedra no marco do Plan de actuacións en arqueolóxicos do Goberno galego

López Campos resalta “a importancia de seguir investigando e descubrindo o patrimonio máis senlleiro, cun plan que cada ano abrangue máis xacementos”

12/08/2025

Trátase da décimo primeira parada do circuíto cultural impulsado pola Xunta de Galicia e a Federación de Librarías de Galicia

Os xardíns de Noriega Varela acollerán ata o venres 15 de agosto obradoiros, presentacións, sinaturas de libros, sesións de teatro infantís e máis actividades

Todas elas están inmersas na campaña de verán da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude ‘Para gustos, cultura’

12/08/2025

Ábrese ata o 11 de setembro o prazo de presentación de propostas que contribúan a ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude reactiva esta liña de apoio que, entre os anos 2022 e 2023, impulsou unha trintena de iniciativas en 85 municipios

12/08/2025

Cunha superficie de 1.000 m2, habilitarase sobre un dos muros do que ía ser o Teatro da Música e que ficou como un resto dese proxecto non levado a cabo

As novas instalacións permitirán almacenar obras de arte, fondos bibliográficos e recursos empregados na montaxe de exposicións

Para o futuro depósito, buscarase unha solución arquitectónica que contribúa á súa integración no Xardín do Teatro, un dos espazos verdes da Cidade da Cultura

11/06/2025

Esta cita homenaxea o legado do mestre ponteareán Rogelio Groba (1930-2023), un dos músicos e compositores máis distinguido do século XX

O director xeral de Cultura destaca que a cita contará cun amplo programa de actividades con concertos, obradoiros, conferencias, clases maxistrais, presentacións de discos e concursos de interpretación

22/05/2025

O Goberno galego licitará nos vindeiros meses esta actuación, que contará cun investimento estimado de 170.000€

O obxectivo da intervención será solucionar as patoloxías do templo derivadas do paso do tempo, as humidades e a entrada de auga desde o exterior

Ángeles Vázquez salienta que esta é unha mostra máis da boa colaboración entre os distintos departamentos da Xunta, que permite desenvolver actuacións integrais para a recuperación e posta en valor do patrimonio cultural e natural da comunidade

14/05/2025

Desenvólvese na Coruña do 16 ao 24 de maio e comprende coloquios, exposicións, obradoiros, música e gastronomía

Inclúe unha xornada de programación para profesionais dedicada totalmente ao talento de mulleres de referencia no sector

08/05/2025

O director xeral de Cultura pon en valor o achegamento desta disciplina a enclaves patrimoniais da Mariña lucense coa colaboración da Xunta para a realización de máis dunha decena de concertos, encontros e outras accións

Do 12 ao 21 de agosto, artistas internacionais como Denis Kozhukhin, Andrea Rey, o Cuarteto Casals e o Cuarteto Quiroga, entre outros, amosarán as súas propostas musicais