Piedra y pájaro
Latexos é a sección do Festival Novos Cinemas na que se presentan películas alleas aos grandes ciclos de festivais, con historias intimistas elaboradas con delicadeza e mimo. Case ningunha das películas que se presentan nesta sección puidéronse ver antes en territorio español.
Ademais de Piedra y pájaro, a sección Latexos está formada por tres películas máis: Borrá todo lo que dije del amor pues no sabía bien quién era, Comienza y Termina e Una vez fuimos salvajes.

