Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

9 ondas

O ciclo de cine de verán Redecinema das secretarías xerais de Cultura e Política Lingüística e mais da AGADIC para concellos da Rede de Dinamización Lingüística propón nesta súa segunda edición, entre outros, este filme producido mediante micromecenado e integramente rodado nas provincias de Ourense e de Pontevedra.

Galego

A praia dos afogados

O ciclo de cine de verán Redecinema das secretarías xerais de Cultura e Política Lingüística e mais da Agadic para concellos da Rede de Dinamización Lingüística propón nesta súa segunda edición, entre outros, este thriller baseado na novela homónima do vigués Domingo Villar. Dirixido por Gerardo Herrero e protagonizado por Carmelo Gómez e Antonio Garrido, conta a historia de dous policías, Leo Caldas e Rafa Estévez, que investigan unha morte que resulta ser un asasinato, a pesar de que inicialmente semella un suicidio.

 

Galego

Maimiño e o espello máxico

O ciclo de cine de verán Redecinema das secretarías xerais de Cultura e Política Lingüística e mais da AGADIC para concellos da Rede de Dinamización Lingüística propón nesta súa segunda edición, entre outros, o primeiro filme galego-cubano de animación, un proxecto realizado por Ficción Producións coa colaboración do ICAIC (Instituto Cubano da Arte e Industria Cinematográficos). A fita fai unha versión libre do conto infantil Polgariño adaptado por José Martí.

Galego

Toni Erdmann

Winfried decide facer unha visita á súa filla Inés, que está traballando en Romanía. Pero nin a moza espera a chegada sorpresa de seu pai nin el agarda vela tan cambiada

Galego

Baixo a area

Cando Alemaña se rendeu en 1945, na costa occidental danesa comezou outra dura batalla: a dos soldados alemáns que foron obrigados a retirar miles de minas enterradas na area polo exército nazi.

Galego

Un amor de verán

1971. Delphine, filla de campesiños, marcha a París para fuxir do xugo familiar e conseguir emanciparse economicamente. Carole é parisiense, vive con Manuel e defende activamente os principios do feminismo. Delphine e Carole coñécense. A súa historia de amor cambiará as súas vidas.

Galego

Neruda

En 1948, o senador e escritor Pablo Neruda acusa o goberno chileno de traizoar aos comunistas no Congreso. O presidente González Videla desafórao e ordena a súa captura. O poeta emprende a fuxida do país xunto á súa muller.

Galego

Los objetos amorosos

A proxección da película dentro do festival Novos Cinemas supón a súa estrea en Galicia. Despois da proxección, o seu director Adrián Silvestre realizará un encontro con todos os asistentes.

A película narra a historia de Luz, unha muller que decide abandonar Colombia e empezar de cero emigrando a Italia, co obxectivo de aforrar o suficiente para poder traer ao seu bebé tamén a Europa.

Galego

Le parc

Le Parc conta a historia dun amor adolescente durante o verán.

Dous adolescentes cítanse por primeira vez nun parque. O encontro comeza timidamente: inexpertos e indecisos, os mozos inician unha camiñada polo parque nas que ambos comezan a experimentar o amor.

A película está protagonizada por Naomie Vogt-Roby e Maxime Bachellerie e está  dirixida por Damien Manivel, un realizador que se deu a coñecer coa súa primeira longametraxe, a cinta Un jeune poète.

Galego

Il Tempi Felici Verranno Presto

Il Tempi Felici Verranno Presto é unha película dirixida por Alessandro Comodin.

A película conta a historia de Ariana, unha moza que se atopa cun estraño buraco nun bosque infectado de lobos.

En todo o val circulan diferentes lendas sobre o bosque. Décadas antes, Tommaso e Arturo quedaron a vivir neste bosque. Son eles os responsables de todas as lendas?

Este director destaca tamén polo seu traballo anterior, a película L'está dei Giacomo, premiada no festival de Locarno.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual