Estiu 1993
A proxección de Estiu 1993 dentro do Festival Novos Cinemas supón a súa estrea en Galicia.
A película está dirixida por Carla Simón, que se estrea no campo da longametraxe con esta película. Esta directora destaca por outros traballos como Born Positive ou Lipstick.
Estiu 1993 é unha película que fala sobre a morte e sobre como un neno xestiona un falecemento. Concretamente, é unha historia autobiográfica, na que a directora fala do verán de 1993, ano no que quedou orfa tras o falecemento da súa nai, enferma de sida.

