Pablo Fidalgo: Qualcosa nascerà da noi
Pouco tempo despois de chegar a Roma, alguén que coñecía o meu traballo co documental e coa miña historia familiar, puxo nas miñas mans unha correspondencia. Eran cintas de casete gravadas por un home que falaba a unha muller. Ao longo de 30 anos enviou esas cintas a América, e nelas contábase o que parecía unha intensa e estraña historia de amor. Eran moitas horas de material, e eu debería decidir se tiñan algún valor e se quería facer algo con iso.

