Camera Oscura
CAMERA OBSCURA
Directora: Alexandre Larose. 75’. Vídeo.
Reserva previa entrada en https://s8cinema.com/entradas-y-sedes/

CAMERA OBSCURA
Directora: Alexandre Larose. 75’. Vídeo.
Reserva previa entrada en https://s8cinema.com/entradas-y-sedes/
O Grinch é unha especie de ogro verde que sempre viviu illado na cima dunha montaña, nos arredores de Villa Quen. Habituado á soidade, o que lle esnaquiza os nervios son as panxoliñas que a xente do pobo canta en Nadal; para vingarse, decide roubar os agasallos de Santa Claus.
Ano 1921. España vive un momento axitado e caótico: son os anos do chumbo, froito dos violentos enfrontamentos rueiros entre matóns e anarquistas. O gansterismo e os negocios ilegais están instalados na sociedade. Nesta situación de disturbios, Aníbal Uriarte é un policía enviado a Barcelona para colaborar na detención dos culpables do roubo a un tren militar. Aníbal e as súas formas non atopan moito apoio entre os seus compañeiros, e enseguida comezan os enfrontamentos e desconfianzas co inspector Rediú, un superior corrupto.
Historia de tres amigos que queren facer unha película chamada «Os amigos».
Crónica tensa e intensa de 24 horas na vida de tres compañeiros de festa que van deixando un regueiro de destrucción, de sexo equívoco e reprimido, e tamén pechando portas tras tirar as chaves, como si de manera deliberada buscaran a perdición.
Presentada no Festival de Cannes na sección Quincena de Realizadores, "Todos vós sodes capitáns", do galego Óliver Laxe, é un ensaio visual a medio camiño entre o documental e a ficción, que á vez que retrata o Magreb relata a historia de Óliver, un profesor que propón a un grupo de nenos rodar unha película en Tánxer.
O fillo adolescente de Leyre (Maribel Verdú), un ama de casa acomodadamente divorciada, mata ao seu pai nun arrebato. Ela decide facer o imposible por ocultalo, desatando ao seu pesar unha caótica onda de crimes na cidade de Bilbao. Mentres, a nova esposa do defunto (Paula Echevarría) e a súa implacable avogada (Juana Acosta) tratan de ocultar a zumenta trama de corrupción na que se movían. Pero non contaran coa perseveranza da parella de inspectores da Ertzaintza (Antonio Resines e Raúl Pena) encargados do caso.
Todos os días o ocioso Sr. D'Abondo e o seu fiel criado Rosendo atravesan a Fraga Cecebre exclamando: 'Así divos sálveme se non me parece que estivese animado o bosque enteiro'. Un día uns homes plantan un novo inquilino, un engreido poste de teléfono. Aquí comezan os problemas, e se hai un experto en problemas, ese é Furi, un pequeno e simpático topo namorado de Linda, e que un día desaparece xunto con toda a colonia de topos da fraga. Os habitantes do bosque aliaranse para solucionar os problemas da fraga e levar de novo a harmonía e a felicidade ao bosque.
Salome (1905) supuxo a consagración de Richard Strauss como operista tras unha importante etapa como compositor de poemas sinfónicos.
Un afamado director chega a Cangas do Morrazo para reconstruír no teatro a historia de María Solinha, acusada de bruxería e queimada pola Inquisición no século XVII. A protagonista da obra de teatro vai sufrir, no século XXI, acedos ecos da agresión que sufriu María Solinha no século XVII.
A proxección irá precedida dunha presentación e seguida dun coloquio con participación do director e/ou de actores do filme.
Presentación do director, Ignacio Vilar: 21h00
Proxección do filme: 21h30
Coloquio co director: 23h30