Espectáculo

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Mercedes mais eu

Tras varios encontros de improvisación en contextos e espazos moi heteroxéneos, onde as dúas artistas exploran as relacións particulares que existen e que se establecen entre a súa danza e a súa música, xorde a necesidade e o desexo de profundar, entender, organizar ou escribir e dedicarlle un tempo de estudo á devandita relación. Entre instrumentos, recordos, cancións e bailes comezan a aflorar conceptos da bagaxe de ambas e en diferentes estados de latencia.

Galego

Nabucco de Giuseppe Verdi

Nabucco é unha ópera de temática bíblica con música de Giuseppe Verdi e libreto de Temistocle Soleira. Estreouse no Teatro alla Scala de Milán o 9 de marzo de 1842. En España estreouse no teatro Principal de Barcelona o 2 de maio de 1844.

A primeira ópera de Verdi «Un giorno dei regno» constituíu un fracaso, o que unido ás sucesivas mortes dos seus dous fillos e a súa esposa, sumiu a Giuseppe Verdi nun estado de profundo abatemento. Entón foi cando recibiu o encargo de escribir unha ópera de tema bíblico para a Coresma de 1842.

Galego

Turandot de Puccini

Estrenouse no teatro alla Scala o 25 de abril de 1926, baixo a dirección de Arturo Toscanini, un ano e medio aproximadamente despois da morte de Puccini. En España estrenouse no Gran Teatre del Liceu o 30 de decembro de 1928.

Galego

Última tournee

Despois de tres anos de éxito nos teatros de España coas comedias musicais "El  amor está en el aire" e "El amor sigue en el aire", o autor e director Félix Saboroso e Seda Producións repiten coa mesma troupe de artistas. Bibiana Fernández, Alaska, Mario Vaquerizo, Manuel Bandeira, Marisol Muriel, Cayetano Fernández e algún convidado sorpresa.

Galego

A Pelo

Este é un espectáculo que non ten nada que distraia ao espectador e que fala de cousas sinxelas que nos ocorren todos os días.

 

Organiza: Rababiero Promocions Artísticas S.L.

Galego

Cancoruño show

Espectáculo creado e organizado por Cancoruña Asociacion Canina, solidario coa Asociación Protectora Gatuchiños, e que ofrece momentos de diversión.

 

Vai dirixido a todo o público, de todas as idades e non só para os donos de cans, gatos ou outros animais; senón para quen queira divertirse e colaborar. Gatuchiños será a beneficiaria da recadación pola venda das entradas.

Galego

Little Night

Diversión para nenos e nenas de 18 meses a 3 anos que chega a Compostela dentro de 'Danza a Escena', programa de La Red Española de Teatros e o INAEM.

Little Night xoga coa noite, con personaxes fantásticos, con humor, un punto absurdo e surrealista. Estrelas que viaxan co seu bolso, señores con paraugas que caen do ceo, manchas de cores que o invaden todo, multitude de coches que os esquivan...

Imaxes suxestivas que estimulan os sentidos, que provocan o xogo dos nenos, que cambian de forma e cor cando se lles toca, cando se lles persegue...

Galego

Musical West Side Story

Desde a primeira nota ata o último suspiro, West Side Story é un dos musicais máis importantes e representativos do teatro universal. A partitura a cargo de Leonard Bernstein e Stephen Sondheim é unanimemente recoñecida como unha das mellores na historia dos musicais, o texto de Arthur Laurens continúa sendo tan conmovedor e actual como o primeiro día e as coreografías orixinais de Jerome Robbins ocupan un lugar de honra na lenda do baile contemporáneo.

Galego

A Toupiña que quería saber quen lle fixera aquila na cabeza

Unha representación teatral con monicreques e música en vivo que nos conta a coñecida historia da Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza

A toupiña saía tan tranquila do seu tobo para ver se xa saíra o sol, cando algo lle caeu na cabeza, a modo de pucho cheirento. Daquela, percorrerá a granxa investigando -moi indignada- cal dos animais que alí viven lle fixera semellante agravio: a pomba, o cabalo, a lebre... acompañada do granxeiro e a unha rapaza recén chegada da cidade, que a queren axudar.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Espectáculo