Espectáculo

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

A Pelo

Este é un espectáculo que non ten nada que distraia ao espectador e que fala de cousas sinxelas que nos ocorren todos os días.

 

Organiza: Rababiero Promocions Artísticas S.L.

Galego

Cancoruño show

Espectáculo creado e organizado por Cancoruña Asociacion Canina, solidario coa Asociación Protectora Gatuchiños, e que ofrece momentos de diversión.

 

Vai dirixido a todo o público, de todas as idades e non só para os donos de cans, gatos ou outros animais; senón para quen queira divertirse e colaborar. Gatuchiños será a beneficiaria da recadación pola venda das entradas.

Galego

Little Night

Diversión para nenos e nenas de 18 meses a 3 anos que chega a Compostela dentro de 'Danza a Escena', programa de La Red Española de Teatros e o INAEM.

Little Night xoga coa noite, con personaxes fantásticos, con humor, un punto absurdo e surrealista. Estrelas que viaxan co seu bolso, señores con paraugas que caen do ceo, manchas de cores que o invaden todo, multitude de coches que os esquivan...

Imaxes suxestivas que estimulan os sentidos, que provocan o xogo dos nenos, que cambian de forma e cor cando se lles toca, cando se lles persegue...

Galego

Musical West Side Story

Desde a primeira nota ata o último suspiro, West Side Story é un dos musicais máis importantes e representativos do teatro universal. A partitura a cargo de Leonard Bernstein e Stephen Sondheim é unanimemente recoñecida como unha das mellores na historia dos musicais, o texto de Arthur Laurens continúa sendo tan conmovedor e actual como o primeiro día e as coreografías orixinais de Jerome Robbins ocupan un lugar de honra na lenda do baile contemporáneo.

Galego

A Toupiña que quería saber quen lle fixera aquila na cabeza

Unha representación teatral con monicreques e música en vivo que nos conta a coñecida historia da Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza

A toupiña saía tan tranquila do seu tobo para ver se xa saíra o sol, cando algo lle caeu na cabeza, a modo de pucho cheirento. Daquela, percorrerá a granxa investigando -moi indignada- cal dos animais que alí viven lle fixera semellante agravio: a pomba, o cabalo, a lebre... acompañada do granxeiro e a unha rapaza recén chegada da cidade, que a queren axudar.

Galego

Nómades

Nómades é un espectáculo visual: onde o movemento, o escenario e a luz están constantemente relacionados entre si, ás veces é difícil definir onde comeza e termina cada un dos elementos que compoñen a proposta. Os artistas fan a transición entre as porosidades dun conxunto de escenas en constante movemento, abren espazos para falar sobre o tránsito entre xéneros e habitan o nomadismo como un posible descanso dos moldes impostos.

Galego

Miedo

O novo espectáculo de Albert Pla titúlase Miedo e neste novo proxecto profunda no uso de música e cancións de vangarda, textos teatrais e tecnoloxías para crear un sorprendente espectáculo multimedia de poesía.

Galego

II Concurso de Canto Compostela Lírica

O II Concurso de Canto “Compostela Lírica”, dotado pola Fundación José Otero-Carmela Martínez, terá como destinatarios/as a novos talentos do mundo da lírica. O seu obxectivo é proporcionarlles unha proxección profesional na etapa inicial das súas carreiras

Sábado, 7: Primeira fase. Eliminatoria. Duración: 200 min(aprox)

Domingo, 8: Segunda fase. Final. Duración: 130 min. (aprox)

Galego

Pedro y el lobo

Trátase dunha historia para nenos, con música e texto adaptado por Prokofiev, cun narrador acompañando á orquestra.

O compositor quería ensinar aos nenos para distinguir os instrumentos musicais, de modo que neste conto sinfónico cada personaxe da historia está representado por un instrumento e unha melodía característica. Así, as cordas representan a Pedro, o protagonista; a frauta é o paxaro; o fagot é o avó; o clarinete o gato; o oboe é o pato; tres trompas representan ao lobo e os instrumentos de percusión aos cazadores.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Espectáculo