Musical West Side Story
Desde a primeira nota ata o último suspiro, West Side Story é un dos musicais máis importantes e representativos do teatro universal. A partitura a cargo de Leonard Bernstein e Stephen Sondheim é unanimemente recoñecida como unha das mellores na historia dos musicais, o texto de Arthur Laurens continúa sendo tan conmovedor e actual como o primeiro día e as coreografías orixinais de Jerome Robbins ocupan un lugar de honra na lenda do baile contemporáneo.

