Noites de retranca: Touriñán y Digón
O espectáculo de humor galego máis visto de todos os tempos, Noites de Retranca, regresa a Vigo para Nadal. Esta vez con Touriñán e Oswaldo Digón, dous dos cómicos que encheron o auditorio Mar de Vigo, con xente e moitas risas, en ocasións anteriores.
Son datas especiais para as Noites de Retranca e non só porque é Nadal. Tamén porque cumpren 10 anos. E moito por dicir. E moito que rir.

